Secretaría
Devolución dos libros de Bacharelato do Fondo da ANPA
Enviado por admin o 17 Xuño, 2020 - 20:58O alumnado de 1º de Bacharelato deberá devolver os libros que ten en préstamo do Fondo da ANPA os días 1 e 2 de xullo, en horario de maña. Os libros das materias suspensas poderán esperar a setembro.
Para alumnado de 2º de Bacharelato anunciaremos nesta web os días de recollida dos libros, que será despois da celebración das EBAU.
AVISO IMPORTANTE: Alumnado 2º Bacharelato
Enviado por admin o 4 Xuño, 2020 - 11:55Trámites que debe realizar o alumnado de 2º de Bacharelato que supera o curso na avaliación ordinaria do 8 de xuño:
Depósito do Titulo de Bacharelato (obrigatorio), documentación a presentar:
- Impreso de solicitude cuberto e asinado.
- Fotocopia do DNI.
- Impreso de taxas (Debe ir a iniciar taxa, seleccionar o candado aberto e despois a descargar modelo en blanco, cubrir as 3 follas e levalas a entidade bancaria donde fará o pago. No centro deberá entregar unha das copias seladas pola entidade bancaria. Documento cos códigos para cubrir os impresos.
Matrícula para a ABAU, documentación a presentar:
- Impreso de matrícula cuberto e asinado. Lembrar que o enderezo electrónico para futuros trámites coa CIUG debe ser diferente ao do MGB.
- Fotocopia do DNI.
- Impreso de taxas (deberá levar tres copias o banco, e no centro entregar unha selada pola entidade bancaria onde se realizou o pago (*).
Os impresos pódense descargar das ligazóns e tamén estarán dispoñibles para recoller na entrada do centro.
Maís información sobre as taxas. (*) Recordamos que no caso de ter dereito á reducción nas taxas deberá acompañar da documentación xustificativa correspondente).
PRAZO: do 10 ao 16 de xuño.
As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga.
Admisión alumnado curso 2020-2021
Enviado por admin o 25 Maio, 2020 - 12:31Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso informámoslles que todo o alumnado que solicitou praza no IES Manuel García Barros está admitido para o curso 2020-2021.
A matrícula para o alumnado que supere todas a materias en xuño formalizárase nos primeiros días do mes de xullo. Nas próximas semanas publicaremos instrucións máis detalladas.
Recordámoslles que está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo de Libros e Axudas de material, máis información nesta ligazón.
Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2020-2021
Enviado por admin o 19 Maio, 2020 - 11:29A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.
O prazo de solicitude será do 20 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive).
Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceránse quendas por cursos e a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:
-
Datas
Curso no que o alumnado se matriculará no 2020/2021
20 ao 25 de maio
1º ESO
26 de maio ao 1 de xuño
2º ESO
2 ao 8 xuño
3º ESO
9 ao 15 de xuño
4º ESO
As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:
-
Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
-
Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requerida .
-
Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.
(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)
Para máis información:
-
Consultar a carta informativa enviada ás familias e o resumo coas datas importantes.
-
Consultar o apartado Familias -> Libros de texto
Restablecemento do proceso de admisión para o alumnado procedente doutros centros
Enviado por admin o 6 Maio, 2020 - 12:46A Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Púlbiass e Xustiza (DOG num. 86, do 6 de maio), no ámbito educativo, establece os seguintes acordos:
- Retablecer o procedemento de admisión de alumnado:
- Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio. O procedemento se pode realizar de xeito telemático na aplicación admisionalumnado (recomendable), ou presentar a solicitude no propio centro (anexo II cuberto, xunto cunha fotocopia do DNI do/a alumno/a).
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitidos antes do 9 de xuño de 2020. Con 3 día hábiles para formular reclamacións.
- Publicación das listaxes defintivas do alumnado admitidos e non admitidos antes do 26 de xuño de 2020.
- Apertura dos centros educativos:
- Dende o luns, 11 de maio, o instituto estará aberto de 9:00h a 14:00h.
- Recordamos que os deprazamentos ao centro educativo só se deben realizar para os trámites estrictamente necesarios, e no caso de acceder ao interior rogamos empreguen mascarilla e sigan as instruccións que se establezan na entrada do mesmo.
- As consultas serán atendidas no teléfono do centro (986590104) no horario de apertura o no correo electrónico ies.garcia.barros@edu.xunta.es
OLLO!!!
O ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO OU O ALUMNADO DO PÉREZ VIONDI NON TEN QUE SOLICITAR PRAZA.
Novas instrucións da Consellería (venres 13) e ampliación do prazo para solicitar praza no centro.
Enviado por admin o 12 Marzo, 2020 - 16:42A Consellería vén de publicar na súa web un novo documento respecto das medidas a adoptar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo.
OLLO: A CONSELLERÍA AMPLÍA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS CENTROS (ver NOVAS INSTRUCIÓNS)
Seguiremos empregando a web do centro para informar puntualmente a toda a Comunidade Educativa.
Buscaremos o xeito de que o alumnado non saia prexudicado mentres non se supera esta complicada situación.
O equipo directivo.
Fondo Solidario de Libros - Curso 2019-2020
Enviado por admin o 13 Septembro, 2019 - 17:12Nesta ligazón pódese consultar a listaxe definitiva dos beneficiarios do Fondo Solidario de Libros da ESO para o curso 2019-2020.
O martes 17 repartiranse, polas clases, os documentos que deben asinar as familias para proceder á entrega de libros e se lle darán instruccións ao alumnado sobre cómo se realizará o reparto de libros.
Horario de verán
Enviado por admin o 19 Xullo, 2019 - 11:10Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de luns a mércores entre 10 e 12 horas. Fóra de ese horario, podedes contactar con nós no seguinte enderezo electrónico: ies.garcia.barros@edu.xunta.es ou no teléfono do centro (soamente xoves e venres no mesmo horario).
Bo verán!
Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020
Enviado por admin o 11 Xullo, 2019 - 12:30Presentación de reclamacións á resolución provisional do 12 ao 16 de xullo.
Do 15 ao 19 de xullo, de 10 a 13 h., os pais/nais ou titores/as do alumnado, que xa está matriculado, con dereito a cheque de material, pode pasar a recollelo pola secretaría do centro. Se non poden recollelo neses días poderán pasar a recollelo a partir do 2 de setembro.
O alumnado con materias pendentes e que lle corresponda o vale de material terán que recollelo en setembro, (os pais/nais ou titores/as), despois de matricularse e nos días que se fixarán posteriormente.
Libros de texto para o curso 2019-2020
Enviado por Secret. o 11 Xullo, 2019 - 10:35Lista de libros de texto para o curso 2019-2020
Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020
Enviado por admin o 21 Maio, 2019 - 12:19O pasado 3 de maio a Consellería convocou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.
Consultar a carta informativa enviada ás familias e o resumo coas datas importantes.
Máis información no apartado Familias -> Libros de texto
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 16 Maio, 2019 - 12:26Durante as dúas próximas semanas, do 20 ao 31 de maio, se repartirár froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Premios extrardinarios de Bacharelato do curso 2018/19
Enviado por Secret. o 15 Maio, 2019 - 12:18O alumnado que teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir as probas para acadar un dos 20 premios extraodinarios de bacharelato convocados pola Consellería de Educación e cunha dotación de 1000 Euros cada un.
O prazo para matricularse nestes premios finalizará o 28 de maio de 2019.
A matrícula (non se pode facer no centro) farase preferentemente de forma electrónica ou en papel nun rexistro público oficial.
O enlace que figura ao final desta nova da acceso a publicación no DOG da convocatoria.
ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato
Enviado por admin o 14 Maio, 2019 - 09:14O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.
Títulos de ESO e Bacharelato
Enviado por Secret. o 8 Febreiro, 2019 - 10:51O alumnado que rematou os estudos neste centro no curso académico 2016/2017 ou anteriores pode pasar pola SECRETARÍA do centro a recoller os títulos da ESO ou BACHARELATO que lle correspondan.