O MGB no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010

Case 50 alumnos (15 equipos) do García Barros están inscritos para participar, a vindeira semana, no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, SEECGalicia.

O certame consiste nunha serie de preguntas que os equipos, de ata 3 membros, deberán responder directamente dende a web do concurso o luns, martes, mércores e xoves próximos. Participan nel case 50 centros de toda Galicia, cuns 700 alumnos en total. Os gañadores en Galicia competirán co equipo gañador da Comunidade Valenciana, nunha segunda fase a nivel Estatal. 

Os nosos alumnos estarán dirixidos polos profesores Esther Barroso e Álvaro P. Vilariño. dende os  departamentos de Latín e Grego. Moita sorte a todos!

logo_odisea copia.jpg