Xeografía e historia

Erasmus+

É dabondo coñecida a actividade do Instituto Francisco Aguiar no eido dos intercambios escolares con centros de ensino secundario doutros paises. Ao longo da súa historia o seu alumnado tivo oportunidade de participar en intercambios de estudantes con centros de Polonia, Hungría, USA, Alemania e con varios de Italia (Siena, Florencia, Bérgamo, Gubbio)

 Este curso demos un paso máis coa solicitude dun proxecto de estudo inscrito na modalidade Erasmus +. O proxecto, que leva por nome IPAHE (International Paths for Artistic and Humanities Education), desenvolverase ata maio de 2016 entre Betanzos e Siena (Italia). Consiste nun traballo para estudar os camiños de peregrinación como vías para a conformación histórica dunha identidade europea. Concretamente centrarase no Camiño de Santiago e na Vía Francíxena.

Por ese motivo as profesoras Lucía Sáez Baquedano, de Xeografía e Historia, e Carme Suárez Moledo, de Lingua e Literatura Galega,viaxarán do 25 de xaneiro ao 14 de febreiro ao Liceo "E.S. PICCOLOMINI" de Siena. Nestas tres intensivas semanas poderán coñecer de preto a vida do Liceo italiano e iniciarán a elaboración de materiais didácticos para o desenvolvemento do proxecto IPAHE.

 

 

 

Chegou aos nosos oídos...Fernán Mejuto Vázquez

Chegaron aos nosos oídos... as andainas musicais dun ex-alumno Fernán Mejuto Vázquez. Paga a pena escoitalo. ¡que disfrutedes!

 

Van un par de mostras

 

https://soundcloud.com/fernanmejutovazquez

Encontro con Ex-parlamentarios. 14.XI.2014

Como se fixera o ano pasado,  o alumnado de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar terá a oportunidade de participar no encontro con tres  exparlamentarios: José Antonio Santiso Miramontes polo Partido Popular, o betanceiro Antolín Sánchez Presedo polo Partido Socialista de Galicia PSOE, e Fernando Branco Parga polo Bloque Nacionalista Galego.

O noso alumnado terá oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia como representantes do pobo de Galicia e de formular cantas preguntas queiran sobre a actualidade política.

Unha nova inciativa para facer realidade o proxecto de formación de cidadáns críticos e plurais que é  vocación irrenunciable do ensino público

Conferencia-coloquio sobre a arte urbana e o graffiti por Xosé Luís Mosquera

Este curso 2014-2015,  o Departamento de Lingua e Literatura Galega ven de programar a lectura, por parte do alumnado de 2º da ESO, da obra de Xesús Fraga,  "Reo" que foi merecente o ano 2012 do IX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Raiña Lupa" que concede a Deputación de a Coruña.

Co obxecto de preparar esta lectura o Departamento pensou introducila cunha charla coloquio relativa á arte urbana e ao graffiti.  O luns 10 de novembro a 4ª hora no Salón de Actos do Instituto o profesor de Historia da Arte Xosé Luis Mosquera Camba, bo coñecedor da historia do graffiti en Betanzos,  será o encargado de impartir e moderar esta charla.

Para os que non poidan asistir deixamos o enlace cun artigo de Xosé Luis Mosquera publicado no Anuario Brigantino do ano 2012.

Intercambio escolar co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna (Siena.Italia)

Á penas recuperados da "viaxe clásica" a Atenas,  un novo grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO embárcanse nunha nova saída cultural.Nesta ocasión, trátase do tradicional intercambio anual con Italia.

Seremos acollidos pola nosa amable colega Lucia Papini, profesora de inglés no Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena.  O ano pasado xa tivemos a ocasión de facer un intercambio con este mesmo Liceo resultando unha viaxe excepcional.

Agardamos que, desta volta, sexa igualmente maravillosa e formativa para os quince alumnos e alumnas que vivirán esta experiencia acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Elvira Castro Otero.

No seu plan de viaxe inclúese a asistencia a algunhas clases do Liceo, actividade deportiva e visitas tan apetecibles como as que farán á cidade de Florencia, Montepulciano, Pienza e , por suposto, unha visita intensiva a Siena: á catedral, ás contradas.... Agardamos contar coas súas crónicas para mantervos informados.

 Algo do que poderán disfrutar....                                                                   A Piazza do Campo de Siena coa Mangia ( torre del Comune)

Os participantes da pasada edición deste intercambio en Bolonia        ¿Seica, un betanceiro(Andrade) en Siena?

 

 

Chegou aos nosos oídos..."planta una silla"

Chegou aos nosos oídos.... esta iniciativa,  "planta una silla". Pese a romper a filosofía de que esta sección estea referida a persoas nalgún momento ligadas ao noso instituto, neste caso facémonos eco dela porque coidamos que traballa, como o fixemos dende o concurso "Betanzos en Detalle", no coñecemento, valoración e recuperación do espacio urbán no casco  historico de Betanzos. 

Visita ao Casco Histórico de Betanzos

Alumnos participantes no cruceiro de Santa María 

O 30 de maio deste ano 2014 os alumnos de 1ªESO de Historia das Relixións realizaron unha saída coa súa profesora Teresa Bellón ao casco antigo de Betanzos onde visitaron por esta orde: igrexas de San Francisco, Santa María e Santiago.

Posteriormente pasearon polas rúas do que tempo atrás era o barrio xudeo de Betanzos ata chegar á famosa cruz que está nas súas inmediacións.No recorrido de volta fixamonos tamén noutros aspectos como os arcos de entrada á cidade.

O bo tempo acompañounos e esperamos que se repitan actividades deste estilo. 

Alumnos no barrio xudeo diante dunhas casas tradicionais

Chegou aos nosos oídos.... Xosé Luis Mosquera. Street Art

Chegou aos nosos oídos... que o profesor de Arte do Aguiar, Xosé Luís Mosquera Camba impartiá unha conferencia co título "Street Art. Reflexións".  O acto enmarcase no ciclo de conferencias que durante este mes está a organizar o Concello de betanzos  para presentar o vindeiro Anuario Brigantino.

Terá lugar no Salón Azul do Edificio Liceo a partir das 20.30h.

¡Unha nova ocasión para escoitar a palabra precisa de Xosé Luís e para acadar conciencia da riqueza artística de Betanzos neste campo da "street art"!

As orixes do "Aguiar" nunha conferencia de Antonio Río sobre Tenreiro e Ucha

La extraña desaparición de un Premio Nacional de Construcciones 

El 17 de septiembre de 1952 se inaugura el Instituto Laboral de Betanzos. Con los de Vilagarcía,  No i a y Tui, es uno de los primeros de Galicia. El centro, que se instala de

forma provisional en el antiguo Convento de Santo Domingo y que con el tiempo recibirá el nombre de Francisco Aguiar, brigantino y arzobispo de México, se convertirá en el referente cultural y social de la comarca de As Mariñas. Como el edificio que lo albergará a partir de 1957, un proyecto del arquitecto Antonio Tenreiro Brochón que recibirá el Premio Nacional de Construcciones Escolares y que, “inexplicablemente” para algunos, desaparece en los 80.

 

El instituto diseñado por Tenreiro, con la casa sindical proyectada por Rodolfo Ucha Donate, da título a la segunda de las conferencias del Ciclo del Anuario Brigantino, que pronunciará esta tarde, a partir de las 20.30 horas en el Salón Azul del Liceo, el investigador Antonio Río Vázquez. “Son dos ejemplos significativos que ponen de manifiesto el poco tiempo en que la arquitectura gallega se reincorpora nuevamente a la corriente de modernidad, y explicitan adecuadamente el tránsito desde el edificio clásico y monumental –propio de la etapa autárquica– hacia unas formas abiertas y flexibles, en consonancia con los nuevos programas docentes e institucionales”, escribe el ponente, profesor de la Escuela de  Arquitectura de la Universidad de A Coruña.


Quienes estudiaron en el antiguo edificio, además de preguntarse una y otra vez por qué lo derribaron “de la noche a la mañana”, llaman la atención sobre la funcionalidad y distribución, y la luminosidad de las aulas, emplazadas en los terrenos donde ahora se ubica el IES Mariñas.


La conferencia de esta tarde ayudará a muchos a recordar su paso por el centro y, sobre todo, a aclarar por qué aquella construcción marcó a los alumnos que en aquel 1957 se matricularon en el instituto de Betanzos.

 

REPORTAJE LUCÍA TENREIRO para El Ideal Gallego

Distribuir contido