Visita ao Casco Histórico de Betanzos

Alumnos participantes no cruceiro de Santa María 

O 30 de maio deste ano 2014 os alumnos de 1ªESO de Historia das Relixións realizaron unha saída coa súa profesora Teresa Bellón ao casco antigo de Betanzos onde visitaron por esta orde: igrexas de San Francisco, Santa María e Santiago.

Posteriormente pasearon polas rúas do que tempo atrás era o barrio xudeo de Betanzos ata chegar á famosa cruz que está nas súas inmediacións.No recorrido de volta fixamonos tamén noutros aspectos como os arcos de entrada á cidade.

O bo tempo acompañounos e esperamos que se repitan actividades deste estilo. 

Alumnos no barrio xudeo diante dunhas casas tradicionais