Animación á lectura

HORA DE LER

16/01/2022 17:11
Europe/Andorra

 

 

 

15ª Semana 

[3ª Sesión]

 

«Un libro es un pájaro con más de cien alas para volar» deixou dito Ramán Gómez de la Serna. Comezamos esta segunda semana de xaneiro ao abrigo da literatura de Agustín Fernández Paz, tan ben rodeado de liberdade na icónica ilustración de Miguelanxo Prado.

 

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA

14/01/2022 18:00
Etc/GMT+1

 


 

 

 

O próximo venres 14 de xaneiro ás 19 horas volverá ao noso instituto Xesús Fraga para falar sobre Virtudes (e misterios) cos integrantes do Club de Lectura Biblos Aguiar (e calquera outra persoa interesada).

Nesta ocasión cambiamos a calidez da sala de reunións e exposicións da Libraría Biblos polos metros cadrados do salón de actos do IES.

A pretensión é evidente: poder garantir as condicións de saúde que esixen estes momentos de pandemia.

Venres 14 de xaneiro de 2022

19 horas

Salón de Actos do IES Francisco Aguiar

HORA DE LER

08/01/2022 10:46
Europe/Andorra
 

 

 

 

14ª Semana 

[2ª Sesión]

 

Neste ano 2022 conmemórase o nacemento da actriz coruñesa María Casares, por iso, unha das nosas suxestións de lectura é unha semblanza da súa persoa.

Outras das propostas de lectura é un relato de Richard B. Matheson.

HORA DE LER

18/12/2021 15:47
Europe/Andorra

 

 



13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos navideños e o conto de Reis, de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2021, pregando que non se cumpla o vaticinio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

HORA DE LER

08/12/2021 10:26
Europe/Andorra
11ª SEMANA 
 
[5ª SESIÓN]
 
O prodixio do estrañamento... 
Ler a Liliana Heker ou a Antonio García Teijeiro e a Antonio Reigosa para deixar que a luz das súas palabras nos transporte a un non-lugar, onde se cumpre a realidade da ficción.

Actividades na biblioteca

Álbum: Curso 2021-2022 -> ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

HORA DE LER

27/11/2021 20:44
Europe/Andorra

 

 

 

10ª SEMANA
 
[4ª SESIÓN]
 


Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas.
Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.


Fotografía de Almudena Grandes: autor descoñecido

HORA DE LER, #DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

20/11/2021 17:56
Europe/Andorra

 



9ª SEMANA
 
[3ª SESIÓN]
 
No ano do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, non podemos deixar de recomendar a lectura dos seus relatos explícitamente feministas.
A esta antoloxía de Dona Emilia, engadimos outras propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

HORA DE LER

14/11/2021 10:47
Europe/Andorra

 

 

 

8ª SEMANA 
 
[2ª SESIÓN]
 
Precisamos dous ollos (ou máis) para ler todo o que agochan, entre liñas, as propostas de lectura desta semana: unha anoloxía de relatos de Etgar Keret e o primeiro premio do Concurso de Relatos de terror, organizado pola Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, que ven de gañar o alumno de 1º ESO, Pablo Bugallo Carro. 
Pode que a terrorífica protagonista do conto de Pablo desexe chiscarnos o ollo. Non a miredes!

HORA DE LER

07/11/2021 13:06
Europe/Andorra

 

 

 

7ª SEMANA 
 
[1ª SESIÓN]
 

   Coinciden as propostas desta semana en relatar ben desde o mito, ben desde a lenda (que tamén pode ser moderna: lenda urbá). 

   O lector poderá determinar o vínculo entre esas posibilidades e discernir cal é a modalidade que practica Albert Pinyol e cal a exercitada por Jürg Schubiger e Franz Hohler.

Distribuir contido