Animación á lectura

DÍA DA ILUSTRACIÓN: 30 DE XANEIRO

30/01/2022 16:24
Etc/GMT+2

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño [1936-1980].

        
    Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño ,  as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e  algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.
 
 

Xaquín Marín e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético .  



 

 " O home que falaba vigliota" . Exposición do cómic de R. Patiño.

 
 
 

 

 
 

HORA DE LER

30/01/2022 16:22
Europe/Andorra

 

 

 

17ª Semana 

[5ª Sesión]

Difícilmente a lectora que pintou Carl Vilhelm Holsøe terá nas súas mans historias como as escritas por Vicente Gallego e César Mallorquí.

Outras épocas, outras sensibilidades ante a crueldade do mundo.

 

HORA DE LER

23/01/2022 17:19
Europe/Andorra

 

 

16ª Semana 

[4ª Sesión]

 

Na ilustración de Marc Tolices, Julio Cortázar, autor moi ben querido por Fernández Naval, innegable lector de Julio Cortázar, de quen levou ao galego o relato La autopista del sur.

HORA DE LER

16/01/2022 17:11
Europe/Andorra

 

 

 

15ª Semana 

[3ª Sesión]

 

«Un libro es un pájaro con más de cien alas para volar» deixou dito Ramán Gómez de la Serna. Comezamos esta segunda semana de xaneiro ao abrigo da literatura de Agustín Fernández Paz, tan ben rodeado de liberdade na icónica ilustración de Miguelanxo Prado.

 

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA

14/01/2022 18:00
Etc/GMT+1

 


 

 

 

O próximo venres 14 de xaneiro ás 19 horas volverá ao noso instituto Xesús Fraga para falar sobre Virtudes (e misterios) cos integrantes do Club de Lectura Biblos Aguiar (e calquera outra persoa interesada).

Nesta ocasión cambiamos a calidez da sala de reunións e exposicións da Libraría Biblos polos metros cadrados do salón de actos do IES.

A pretensión é evidente: poder garantir as condicións de saúde que esixen estes momentos de pandemia.

Venres 14 de xaneiro de 2022

19 horas

Salón de Actos do IES Francisco Aguiar

HORA DE LER

08/01/2022 10:46
Europe/Andorra
 

 

 

 

14ª Semana 

[2ª Sesión]

 

Neste ano 2022 conmemórase o nacemento da actriz coruñesa María Casares, por iso, unha das nosas suxestións de lectura é unha semblanza da súa persoa.

Outras das propostas de lectura é un relato de Richard B. Matheson.

HORA DE LER

18/12/2021 15:47
Europe/Andorra

 

 



13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos navideños e o conto de Reis, de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2021, pregando que non se cumpla o vaticinio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

HORA DE LER

08/12/2021 10:26
Europe/Andorra
11ª SEMANA 
 
[5ª SESIÓN]
 
O prodixio do estrañamento... 
Ler a Liliana Heker ou a Antonio García Teijeiro e a Antonio Reigosa para deixar que a luz das súas palabras nos transporte a un non-lugar, onde se cumpre a realidade da ficción.

Actividades na biblioteca

Álbum: Curso 2021-2022 -> ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

HORA DE LER

27/11/2021 20:44
Europe/Andorra

 

 

 

10ª SEMANA
 
[4ª SESIÓN]
 


Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas.
Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.


Fotografía de Almudena Grandes: autor descoñecido
Distribuir contido