Animación á lectura

HORA DE LER

01/05/2022 17:10
Europe/Andorra

 

 

 

29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros e un fragmento de Madres e hijos, unha narración de Theodor Kallifatides.

SAFARI FOTOPOÉTICO. LETRAS GALEGAS 2022

27/04/2022 19:18
Europe/Andorra

 


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

 

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

HORA DE LER

24/04/2022 14:40
Europe/Andorra

28ª Semana

[4ª sesión]

 

Abril, mes dos libros... Unha homenaxe a Miguel de Cervantes.

As propostas de lectura son unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER

18/04/2022 15:53
Europe/Andorra

 


 

 

27ª Semana

[3ª sesión]
 
Co rompente do día, a luz ilumina o verdor dos campos.
Flores que asoman tamén entre as follas dos libros que nos levan, da man de Alberto Moravia e Manuel Rivas, ás praias de Torvaianica ou arredor dun vello muíño enrexado en silveiras.

HORA DE LER

03/04/2022 15:25
Europe/Andorra

 

 

 

26ª Semana

[2ª sesión]
 
 
Imaxinar un conto no que Jules Renard ou Castelao falaran con ela.  
E si: darlle a benvida á primavera. 
Outra será a historia da cinta vermella que acompaña á trenza á sombra de frondosas árbores.  

HORA DE LER

27/03/2022 18:29
Europe/Andorra

 

25ª Semana

[1ª sesión]
 
Toda a luz que non entra pola fiestra pode chegar das palabras, anxos e rosas, de Medos Romero e Gabriel García Márquez.

 

HORA DE LER, #DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

06/03/2022 15:41
Europe/Andorra

 

 

22ª Semana

[4ª sesión]
 
    Svetlana Aleksiévich, de pai bielorruso e nai ucraína, naceu na Ucraína socialista, aínda que viviu toda a súa vida en Bielorrusia, ata que súa oposición a Alexander Lukashenko motivara o seu exilio en Alemaña. 
   A Asociación mundial de escritores, o Pen Club, ven de publicar unha carta firmada por numerosos autores (entre os que están premios Nobel como Orhan Pamuk e Svetlana Alexievich e escritores como Margaret Atwood, Paul Auster ou Salman Rushdie) na que rexeitan a invasión rusa.
 
   Alexievich é una recoñecida cronista das grandes traxedias del siglo XX.
   Di da súa obra: «Levo toda a vida escribindo un único libro: a crónica ruso-soviética da revolución, o gulag (os campos de concentración en tempos de Stalin), a guerra, Afganistán, a catástrofe de Chernóbil...».
   Nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, engadimos a unha selección da obra de Svetlana Aleksiévich, as propostas de Inma Lópes Silva e as nosas [ex] alumnas Irede Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga e Andrea Solís.

HORA DE LER

01/03/2022 18:06
Europe/Andorra

 

   Días tristes nos que costa crer na bondade do xénero humano...

 

   O pintor ruso Nikolai Petrovich Bogdanov Belsky (1868–1945) pintou en 1905 unha escena na que un grupo de xente escoita a lectura das noticias dun xornal: lendo o xornal, novas sobre a guerra é o nome polo que se recoñece ese óleo no que destaca a gravidade dos rostros de todas as figuras.

   O poeta Ilya Kaminsky naceu en 1977 na cidade ucraniana de Odessa cando aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1993 (dous anos despois da independencia da República de Ucrania), EEUU concedeulle asilo político á súa familia. 

   O poema «Vivimos felices durante la guerra», está incluido en República sorda (Valparaíso, Granada, 2021), libro que foi considerado polo New York Times un dos mellores libros do ano.

   

 

VIVIMOS FELICES DURANTE LA GUERRA 

 

Y cuando bombardearon las casas de otras personas, nosotros 

protestamos 

pero no lo suficiente, nos opusimos pero no 

lo suficiente. Yo estaba 

en mi cama, alrededor de mi cama América 

 

estaba cayendo: casa invisible por casa invisible por casa invisible— 

 

Saqué una silla afuera y observé el sol. 

Era el sexto mes 

de un reinado desastroso en la casa del dinero 

 

en la calle del dinero en la ciudad del dinero en el país del dinero, 

en nuestro gran país del dinero, nosotros (perdónennos) 

 

vivimos felices durante la guerra.

 

Xuntanzas do club de lectura

Os días 21 e 22  de febreiro desenvolveuse a segunda xeira de xuntanzas dos clubs de lectura no Instituto. 

O día 21, na Biblioteca e  organizada por Francisco Coloma, tivo lugar a terceira reunión do grupo  de adultos . Nesta ocasión arredor da  obra El día de mañana  do escritor Ignacio Martínez de Pisón . 

No mediodía do día 22 celebráronse por segunda vez as xuntanzas simultáneas dos  diferentes grupos de lectores. Estes foron os libros :

 

GRUPO

LIBRO

PROFESOR/A

1º ESO ( grupo 1)

Tras a sombra do bruxo

Francisco Díaz Valladares

Mª José Pardo

1º ESO ( grupo 2)

As flores radioactivas

Agustín Fernández Paz

Irene Olveira

1º ESO  ( grupo 3)

A chamada da selva

Jack London

Elvira Castro

2º ESO  ( Grupo 1)

Penúltimas tendencias

Carlos Negro

Alba Alonso

2º ESO ( Grupo 2)

Un monstro vén a verme

Patrick Ness

Óscar García

3º e 4º de ESO

Palabras envelenadas

Maite Carranza

David del Río

1º Bacharelato

O cervo e a sombra

Diego Ameixeiras

Ana Camiño

Ciclo FP

La chica del abrigo azul

Mónica Hesse

Manuel Magariños

1º BAC - FRANCÉS

On a volé Mona Lisa

 

Beatriz Muíño

 

Algunhas das lectoras  da obra de Carlos Negro Penúltimas tendencias , coa dirección de Alba Alonso, fixeron esta  reivindicativa versión coas pandeiretas:
 
  GUAPA Y A LA ÚLTIMA

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca permiten

que e poña guapa

con seseo e con gheada.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca aconsellan

que e probe un vestido

coas cores das xestas.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca comprenden

que ande descalza

e coa lingua

solta.

 

Carlos Negro en Penúltimas tendencias

 

ENCONTRO CON RAQUEL VÁZQUEZ

23/02/2022 09:47
Europe/Andorra

 

O xoves 24 de febreiro os alumnos de Literatura Universal recibirán a visita de Raquel Vázquez, autora do libro de relatos Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páginas.

 

Distribuir contido