Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

HORA DE LER, #DÍA DE ROSALÍA

20/02/2022 09:49
Europe/Andorra

 

 
19ª SEMANA 
 
[1º SESIÓN]
 
Nesta semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola

RECITAL POÉTICO - MUSICAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO

25/02/2022 11:25
Etc/GMT+2

       Os grupos   A e D de  2º de ESO , asistirán á última hora da mañá ao salón de actos para realizar unha homenaxe poético- musical  a Rosalía de Castro. A actividade, protagonizada polo alumnado ,  consistirá  na interpretación de varias cancións  que acompañarán o recitado dos seus poemas . 

HORA DE LER

13/02/2022 14:41
Europe/Andorra

 

19ª Semana 

[1ª Sesión]

 Mirando por enriba do ombreiro para saber cal é a escolla: Ernest Hemingway ou Roal Dahl?

 

HORA DE LER

06/02/2022 15:10
Europe/Andorra

 

 

18ª Semana 

[6ª Sesión]

 

Non hai mostachos nin bigotes nas historias que conta Clarice Lispector nas propostas de lectura desta semana.

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN: 30 DE XANEIRO

30/01/2022 16:24
Etc/GMT+2

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño [1936-1980].

        
    Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño ,  as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e  algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.
 
 

Xaquín Marín e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético .  



 

 " O home que falaba vigliota" . Exposición do cómic de R. Patiño.

 
 
 

 

 
 

HORA DE LER

30/01/2022 16:22
Europe/Andorra

 

 

 

17ª Semana 

[5ª Sesión]

Difícilmente a lectora que pintou Carl Vilhelm Holsøe terá nas súas mans historias como as escritas por Vicente Gallego e César Mallorquí.

Outras épocas, outras sensibilidades ante a crueldade do mundo.

 

HORA DE LER

23/01/2022 17:19
Europe/Andorra

 

 

16ª Semana 

[4ª Sesión]

 

Na ilustración de Marc Tolices, Julio Cortázar, autor moi ben querido por Fernández Naval, innegable lector de Julio Cortázar, de quen levou ao galego o relato La autopista del sur.

HORA DE LER

16/01/2022 17:11
Europe/Andorra

 

 

 

15ª Semana 

[3ª Sesión]

 

«Un libro es un pájaro con más de cien alas para volar» deixou dito Ramán Gómez de la Serna. Comezamos esta segunda semana de xaneiro ao abrigo da literatura de Agustín Fernández Paz, tan ben rodeado de liberdade na icónica ilustración de Miguelanxo Prado.

 

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA

14/01/2022 18:00
Etc/GMT+1

 


 

 

 

O próximo venres 14 de xaneiro ás 19 horas volverá ao noso instituto Xesús Fraga para falar sobre Virtudes (e misterios) cos integrantes do Club de Lectura Biblos Aguiar (e calquera outra persoa interesada).

Nesta ocasión cambiamos a calidez da sala de reunións e exposicións da Libraría Biblos polos metros cadrados do salón de actos do IES.

A pretensión é evidente: poder garantir as condicións de saúde que esixen estes momentos de pandemia.

Venres 14 de xaneiro de 2022

19 horas

Salón de Actos do IES Francisco Aguiar

HORA DE LER

08/01/2022 10:46
Europe/Andorra
 

 

 

 

14ª Semana 

[2ª Sesión]

 

Neste ano 2022 conmemórase o nacemento da actriz coruñesa María Casares, por iso, unha das nosas suxestións de lectura é unha semblanza da súa persoa.

Outras das propostas de lectura é un relato de Richard B. Matheson.

Distribuir contido