Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

HORA DE LER

20/11/2022 14:42
Europe/Andorra

A imaxe de Pau Valls está atravesada por unha liña diagonal. 

Entre o balón de fútbol e o libro, quedamos cun libro no que, por que non, se poida falar de fútbol... 

Eso si: preferimos os campos de O Carregal ou Riazor aos estadios de Qatar. 

A nosa vitoria: aprender a saber perder para, cando corresponda, saber ganar con dignidade e respecto aos compañeiros que tiveran xogado no papel de adversarios.

HORA DE LER

13/11/2022 11:00
Europe/Andorra

 

 

 

Pode ser que ela estea a ler un relato de Erri de Luca e el teña entre as súas mans unha antoloxía de contos de Lucía Berlin.

Ou ben que estea a suceder que mesmo nesta intersección temporal, ademais de coincidir as súas miradas ao través dos cristais, coincidan as súas eleccións... 

E polo tanto, a partir deste momento o que, até agora, ía en paralelo invertido, remate confluíndo nunha historia sobre a que alguén terá que escribir.

HORA DE LER

06/11/2022 14:20
Europe/Andorra

Ler co virxinal asombro que se lle atribúe aos anxos...

Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas. Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.

HORA DE LER

02/11/2022 09:46
Europe/Andorra

 


 

 

En días como estes, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida. 
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida. 
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

THEODOR KALLIFATIDES: ENTREVISTA #SOS CLÁSICAS

25/10/2022 16:25
Europe/Andorra

⚠️THEODOR KALLIFATIDES⚠️

Reproducimos, con toda a gratitude, a entrada compartida por SOS Clásicas nas RRSS.
  

Neste #venresclásico temos un protagonista de excepción, o escritor de orixe grega Theodor Kallifatides.

O vídeo que vos presentamos hoxe foi gravado en maio, máis en concreto, na súa visita a Betanzos.

Dende aquí queremos agradecer a imprescindible colaboración do @iesfcoaguiar e, como non, as palabras dun autor que formará parte da literatura e que medrou entre os mitos e as lendas gregas!

#theodorkallifatides #literaturagriega #escritoresgriegos #escritoressuecos #griego #latín #greciayroma #culturaclásica #mitología Que día tan fermoso!

Grazas a Theodor Kallifatides, por ser e por estar; á Biblioteca Ies Francisco Aguiar por deixarnos esta parcela de "protagonismo" a Sos Clásicas . Grazas á Margarita Olivar Roldán pola tradución desta entrevista e á nosa Κασσάνδρα Καρβαλλειρα polo paciente e laborioso traballo de edición.  

Susana Losada Soto

DÍA DAS BIBLIOTECAS

24/10/2022 14:34
Europe/Andorra

Hoxe 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas cunha exposición de instrumentos prehistóricos que fixeron algúns alumnos e alumnas de 3º ESO. Poderás comprobar que fixeron un gran traballo! 

E estade atent@ ás novas da Biblio porque seguiremos celebrando o día con máis actividades!

HORA DE LER

23/10/2022 11:43
Europe/Andorra

 

 

 

O pasado luns 17 de outubro, día das escritoras, quedaban enriba da mesa os relatos de Lydia Davis e Lucía Berlin como suxestións de lectura.

Hoxe, 24 de outubro, día das bibliotecas, abrimos páxina coa ilustración da coruñesa Xulia Vicente para acompañar as propostas desta semana: a fulgurante secuencia de Irene Solà coa que comeza Canto yo y la montaña baila e un relato de Anxos Sumai.

 

 

 

 

   Unha biblioteca é un mapa do mundo onde cada individuo ten unha camisa mnemónica, chea de sutís trazos, códigos indescifrables, segredos para lubricar a alma, tónicos para a intelixencia e máquinas da mente con que nutrir a vesania. 
   Unha biblioteca é unha paisaxe, chea de harmonía, onde, en ocasións, as nubes non deixan ver o ceo, e unha floresta verde e luxuriante, inzada de perigos, que pon asombro e medo, o pánico estarrecedor e a atracción morbosa que infunde o caos.
   Unha biblioteca tamén é unha xerarquía, onde ningún individuo ten o mesmo valor, nin o mesmo peso, nin inspira o mesmo afecto ca outro. 
   Nunha biblioteca, o poeta, inspiradísimo, conversaba cos difuntos e escoitaba cos ollos os mortos, pois, ante todo, unha biblioteca é un sanctasanctórum onde toda metáfora ten asento, toda reverencia espazo, ocasión todo coñecemento, toda luz e toda sombra o seu momento. Hai, entre as pantasmas e saudades do tempo, deambulando entre vellos mamotretos e volumes estantarelados, un cativo de pelo roxo que lembra, cunha melancolía espesa como o mel de montaña, o arrecendo dunha biblioteca pública onde vivían Haddock e Tintín, Marsupilami, Jean Valjean, o último dos mohicanos, Asurancetúrix e a galaxia infinita da Enciclopedia Espasa. Acaso o cativo coceu o seu amor aos libros ao lume de merendas de pan de molete e chocolate duro, no mundo en branco e negro dun universo escaso e municipal, malia unidades de destino chamadas a máis grandes alcances.
   Unha biblioteca é, segundo se escoite, un coro de afinadas voces, nobres e sublimes, erguidas ao ceo como columnas de basalto, ou o pandemonio de milleiros de alaridos desgarrados, as voces do averno e do sufrimento. 
   Latexa nunha biblioteca o consello dos amigos, verdadeiros uns, prudentes e asisados, falsos e mentireiros outros, dobres como un espellismo. 
   Unha biblioteca vive espiritualmente, palpita e medra na medida do amor de quen a alimenta, como as plantas en maceta. Non existe armadura electrónica nin bastidor tecnolóxico capaces de conter tanta vida nin de alentar tanto sentimento, pois, tal que ocorre con todo o que é único, fermoso e imperfecto, unha biblioteca está chamada a desaparecer. Como os escravos no mundo antigo, tamén as bibliotecas se herdan e, tamén como os escravos, os seus individuos agardan unha manumisión que tal vez nunca chegue.
 

 

 

HORA DE LER

16/10/2022 10:52
Europe/Andorra

 

En Hooper meditations o prodixioso Richard Tuschman fotografía a actores e ambientes cos que recrea os lenzos do aclamado Edward Hooper.

Hoxe, día das escritoras, non costa moito pensar que esa veermiana luz estea a iluminar as liñas escritas por Lucia Berlin ou Lydia Davis.

HORA DE LER

08/10/2022 18:41
Europe/Andorra

 

Comezamos Hora de ler.

Para quen esquecera o seu libro na casa, quedan a disposición dos lectores os relatos de Medos Romero e Maggie O'Farrell.

...Porque cando lemos, desde as páxinas, arrolando polas mans que sosteñen o libro, xorden mundos que terminan por habitarnos.

HORA DE LER

19/06/2022 17:13
Europe/Andorra

 

 
 
Chegou o momento de explorar as outras moitas posibilidades que ofrecen os libros.

 

Distribuir contido