Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

HORA DE LER

28/10/2023 17:05
Europe/Andorra

 

Death Reading from a Human Lectern, Congregation in Background.
Así consta referenciado na Biblioteca Museo Morgan (NYC) este singular debuxo do pintor romántico Eugenio Lucas Velázquez (Madrid, 1817-1870).
Con esta ambientación, resulta fácil comprender que, nesta semana de defuntos, unha axeitada proposta de lectura debe incluír unha antoloxía de microrrelatos de terror e relatos como estes de Edgar Allan Poe e Ramón Otero Pedraio.
 

HORA DE LER

30/09/2023 19:58
Europe/Andorra

 

Son moitos os motivos polos que achegarmos á plataforma 9 ¾™ da estación de King's Cross. Probablemente os nosos lectores viaxeiros no estean a ler no xornal ningunha nova sobre o encontro de Harry coa familia Weasley ou sobre a maldición de Voldemort. 

Tampouco algún dos relatos londinenses de Doris Lessing ou un dos relatos de Xesús Fraga recollidos do seu particular A-Z.

Ou si?

HORA DE LER

24/09/2023 10:36
Europe/Andorra

No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.

Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.

HORA DE LER

15/09/2023 16:53
Europe/Andorra

 

 

Basta pechar os ollos

para que o ulido do iodo e das algas

rolde o nariz.

Aínda recorda a bronceada pel o tacto da area,

pero outros tempos,

 

os da nostalxia?,

 

son chegados...

 

 

HORA DE LER?

18/06/2023 10:14
Europe/Andorra

Hora de ler? 

Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias. 

Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.

HORA DE LER

11/06/2023 12:53
Europe/Andorra

 

 

Ter nas mans os relatos de Miguel-Anxo Murado ou Juan Gómez Bárcena co convencemento de que estamos en tránsito, pero sabendo que ler nunca nos fará invisibles.

 

HORA DE LER

04/06/2023 11:25
Europe/Andorra

 


Ler: vivir nos libros para aprender a apurar a vida ante «el olvido que seremos»

 

Entre as suxestións desta semana, os relatos de Inma López Silva e Mónica Sánchez e un poema de Billy Collins.

Última convocatoria do Club de Lecturas e obradoiros

 

Rematamos o club de lectura! Non te perdas os últimos obradoiros deste curso. Poderás anotarte nas follas que están no encerado branco á entrada da Biblio. Esperámoste!

 

HORA DE LER

28/05/2023 09:59
Europe/Andorra

Somos o que lemos... 

Lemos o que escribimos... 


Entre as suxestións desta semana os relatos de Amaia Tomé, Irene Docampo, Andrea Solís, unha antoloxía de microficcións en inglés (na que participaron, con éxito, coa supervisión de Laura Rodríguez Manso, alumnos de 3º ESO) e uns poemas de Sara Parga. 

Aguiar ao cuadrado...

HORA DE LER

20/05/2023 20:26
Europe/Andorra

Que levou á novela negra a unha magnífica autora de microficcións? 

O próximo martes teremos a oportunidade de trasladarlle esta e outras preguntas a Arantza Portabales. 

Distribuir contido