Xuntanzas do club de lectura
Os días 21 e 22 de febreiro desenvolveuse a segunda xeira de xuntanzas dos clubs de lectura no Instituto.
O día 21, na Biblioteca e organizada por Francisco Coloma, tivo lugar a terceira reunión do grupo de adultos . Nesta ocasión arredor da obra El día de mañana do escritor Ignacio Martínez de Pisón .
No mediodía do día 22 celebráronse por segunda vez as xuntanzas simultáneas dos diferentes grupos de lectores. Estes foron os libros :
GRUPO |
LIBRO |
PROFESOR/A |
1º ESO ( grupo 1) |
Tras a sombra do bruxo Francisco Díaz Valladares |
Mª José Pardo |
1º ESO ( grupo 2) |
As flores radioactivas Agustín Fernández Paz |
Irene Olveira |
1º ESO ( grupo 3) |
A chamada da selva Jack London |
Elvira Castro |
2º ESO ( Grupo 1) |
Penúltimas tendencias Carlos Negro |
Alba Alonso |
2º ESO ( Grupo 2) |
Un monstro vén a verme Patrick Ness |
Óscar García |
3º e 4º de ESO |
Palabras envelenadas Maite Carranza |
David del Río |
1º Bacharelato |
O cervo e a sombra Diego Ameixeiras |
Ana Camiño |
Ciclo FP |
La chica del abrigo azul Mónica Hesse |
Manuel Magariños |
1º BAC - FRANCÉS |
On a volé Mona Lisa
|
Beatriz Muíño |
Esas revistas do quiosco,
tan superpop e megafashion,
nunca permiten
que e poña guapa
con seseo e con gheada.
Esas revistas do quiosco,
tan superpop e megafashion,
nunca aconsellan
que e probe un vestido
coas cores das xestas.
Esas revistas do quiosco,
tan superpop e megafashion,
nunca comprenden
que ande descalza
e coa lingua
solta.
Carlos Negro en Penúltimas tendencias