3º ESO
#Pareidolia 2019/20. Traballos orixinais do alumnado de #EPVA de 3º ESO
Un curso máis, o alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual, volve a experimentar coa pareidolia. En concreto, miren onde miren, atopan caras nos lugares máis insospeitados do noso entorno.
Para ollar doutro xeito, a través ou non, dunha cámara.
#Meteoescolas Aguiar, Toleou o tempo? Intro radiofónica e instrumentos feitos en clase de Tecnoloxía
Novas aventuras do equipo de profesoras impulsoras do proxecto Meteoescolas
Toleou o tempo?
Que o profesorado asiste a unha formación do, tamén novo, proxecto Radio na Biblio, pois aproveitamos e explicamos, nunha breve cuña radiofónica, os nosos motivos...
Que os 3º da ESO teñen un anaquiño libre no taller de Tecnoloxía ..., pois que constrúan instrumentos para realizar medicións meteorolóxica.
Achégase bó tempo, a sol xusta e a choiva necesaria, para que maduren os froitos duns, quén sabe, futurxs meteorólogxs.
Charla/obradoiro para 3º da ESO: Comunicación Emocional
Charla/obradoiro para 3º da ESO: Comunicación Emocional dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos. Mércores 29 Xaneiro ESO 3ºD 9:35 a 10:25 ESO 3ºA 10:40 a 11:30 Luns 3 Febreiro ESO 3º B 9:35 a 10:25 ESO 3º C 10:40 a 11:30 |
|
Charla/obradoiro para 3º da ESO prevención de consumo de drogas de síntese
Charla/obradoiro para 3º da ESO: prevención do consumo de drogas de síntese dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos. Mércores 22 Xaneiro ESO 3ºC 10:40 a 11:30 ESO 3ºA 11:30 a 12:20 Luns 27 Xaneiro ESO 3ºD 10:40 a 11:30 ESO 3ºB 11:30 a 12:20
|
|
Galería de fotos da visita ao MUNCYT DOS 3º de ESO Tecnoloxía
Enviado por Pitusa o Lun, 13/01/2020 - 12:30
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Visita ao MUNCYT dos 3º da ESO
O alumnado de 3º da ESO comeza este ano novo 2020 repasando conceptos de Tecnoloxía e visitando o MUNCYT de A Coruña. O plan, organizado polos profesores de Tecnoloxía Juan Neira e Ángela Vázquez, é o de facer un pequeno percorrido polo museo e realizar experiencias de electricidade e electrónica. Sairán do instituto ás 9:30 e teñen a súa chegada prevista sobre ás 13:25.
Día | Grupos |
mércores 8 xaneiro | 3º A e B |
venres 10 xaneiro | 3º C e D |
Premede aquí e accederedes á galería fotográfica da mesma actividade o curso pasado.
Saídas fotográficas por Betanzos dos 3º da ESO
Ao longo desta semana, o alumnado dos grupos A, B eC de 3º da ESO, acompañados por Julián Ferrer (Dpto Hª) e J.M. Rey (Dpto. Artes Plásticas), fará un percorrido introdutorio polo Casco Histórico e o trazado urbano da cidade medieval de Betanzos a modo de estímulo da mirada fotográfica. A actividade ten carácter gratuito e está vinculada ao proxecto 'Fotografía en curso' e servirá como achegamento para un posterior traballo fotográfico. |
Grabación audiovisual programa Publigualdade 3º ESO. Galería de fotos
Enviado por Pitusa o Ven, 06/12/2019 - 21:37Compartimos instantáneas da grabación audiovisual ca que culminou o obradoiro Publigualdade que tiveron os 3º da ESO.
Os voluntarios para esta grabación o fixeron francamente ben. O decorado non puido ser máis acorde coas datas, agardamos impacientes a ver o resultado final desta grabación coral xunto con outros IES.
Actividade de iniciación á escalada no Rocódromo de Lugo para os 3º da ESO
Ao longo das vindeiras semanas, o alumnado de 3º da ESO realizará unha actividade de iniciación á escalada, complementaria da materia de Educación Física, no recentemente estreado rocódromo de lugo. 6 de novembro 3º A e B 13 novembro 3º C e D
|
Obradoiro 'Publigualdade' 3º ESO [2ª sesión]
Xoves 24 de outubro 2019
2ª sesión do programa PUBLIGUALDADE.
No Salón de Actos nos seguintes horarios:
Grupos | Horario |
3º C e 3º D | de 10:40 a 11:30 |
3ºA e 3ºB |
de 11:30 a 12:20 |
Programa PUBLIGUALDADE, subvencionado pola Deputación da Coruña, co cal se pretende sensibilizar á mocidade sobre a igualdade e a violencia de xénero e mesturar os coñecementos que posúen xunto as ferramentas publicitarias, para poder coñecer os efectos negativos das mesmas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »