3º ESO
Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (V)
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas sintéticas no caso de 3ºD, sobre afectividade sexual, no caso de 3ºE sobre cocaína no caso de 4ºA, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 3ºD, de 9:34 a 10:25
- 3ºE, de 10:40 a 11:30
- 4ºA de 12:35 ás 13:25
Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (IV)
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas sintéticas, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 3º A, de 9:34 a 10:25
- 3ºB, de 10:40 a 11:30
- 3ºC de 12:35 ás 13:25
Espazo e Luz, fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO de EPVA
Agora que ''xa se lle nota aos días'', que a luz enche os espazos ,aínda baleiros, das rúas, que a primaveira asoma tímidamente en pequenas xemas nas ramas das árbores .... compartimos con todos vós a visión do 'Espazo e Luz' do alumnado de 3º da ESO en EPVA con J.M. Rey Bao.
'Pareidolia' curso 20-21, fotografías orixinais do alumnado de 3º ESO
A pareidolia é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible.
O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto un curso máis, coma sempre, con resultados divertidos e sorprendentes.
'Desde a xanela', tamén no 2021, fotografías orixinais do alumnado de EPVA de 3º ESO Plan Proxecta 'Fotografía en curso'
Doutra volta, diferente, seguimos agardando e mirando ao exterior dende as nosas xanelas, luminosas unhas, indiscretas outras... esperando o momento en que a pandemia desapareza e nos permita volver a tomar as rúas, os espazos abertos.
Compartimos, de novo con vós, os fermosos traballos fotográficos orixinais do alumnado de 3º ESO e J.M. Rey Bao, dende as xanelas.
Obradoiro de danza con ArteStudio - 3º de ESO
Enviado por carlos o Ven, 18/12/2020 - 10:40Achegándonos á palabra: obradoiro literario
"Achegándonos á palabra" é un obradoiro literario, impartido polo Grupo Apiario e organizado polo Departamento Didáctico de Normalización lingüística.
O obxectivo é traballar a competencia artística e lingüística do noso alumnado, traballando a lingua escrita.
O obradoiro desenvolverase o 25 de novembro e está destinado aos grupos de 3º C e 3º D de ESO.
'Nubes' #Meteoescolas #toleouotempo vídeo de Lucía, Candela e Teresa de 3º da ESO
Vídeo realizado por Lucía, Candela e Teresa de 3º da ESO dentro do proxecto #Meteoescolas #Toleouotempo
Fotos dende a xanela, proposta fotográfica do alumnado de EPVA de 3º ESO #fotografiaencurso
Enviado por Pitusa o Mér, 22/04/2020 - 10:58Dende a xanela, no confinamento, miradas do alumnado de EPVA de 3º da ESO con J.M. Rey á fronte, que compartimos aquí con vós.
Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita o álbum na galería fotográfica do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »