Entrega de premio - Concurso de Cómic

23/01/2024
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos a entrega de premios do Concurso de Cómic convocado por Delia Vázquez, ex-alumna do noso instituto, e auspiciado por José Manuel Rey Bao, xefe do departamento de Educación Plástica e Visual.

O gañador foi Enrique Barreiro Sánchez, de 1º de Bacharelato D, co seu traballo "Misión del queso".

En palabras da xuíza, "el cómic presenta ritmos adecuados y una premisa interesante desde la primera viñeta." Además, "muestra originalidad y frescura".

Parabéns ao gañador!

Torneo de debate - Fundación Barrié

22/01/2024
Etc/GMT+1

Os nosos estudantes Aida García, Elisa Galdón e Miguel Luces participaron este luns no Torneo de Debate organizado pola Fundación Barrié. Parabéns aos tres pola súa dedicación e esforzo na construción de argumentos sólidos e persuasivos!

 

HORA DE LER

21/01/2024 17:34
Europe/Andorra
Na pasada semana a prensa daba a noticia da recuperación dun picasso e o chagall co que ilustramos esta entrada de Hora de ler, roubados a un coleccionista no 2010. 
As propostas de lectura (un relato literario de Katherine Anne Porter e un conto recollido da colección do Museo do Pobo Galego) comparten a súa temática: o roubo.

Teatro en inglés

05/04/2024
Etc/GMT+1

O Departamento de inglés organiza unha función teatral para o alumnado de 2º e 4º da ESO, a cargo da compañía Moving On.

XXIV Festival de Teatro Grecolatino

29/02/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de Latín, Grego e Literatura Universal asistiu, un ano máis, ao festival de Teatro Grecolatino de Lugo. Viron as obras Edipo Rey, de Sófocles, e Gemelos de Plauto, ambas representadas polo grupo Noite Bohemia.

Obradoiro de Iniciación á Astronomía

23/01/2024
Etc/GMT+1

O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.

O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.

Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.

Concerto de Abraham Cupeiro

23/01/2024
Etc/GMT+1

O xenial Abraham Cupeiro encandilou ao alumnado de 2º e 4º da ESO sacando magníficos sons tanto de instrumentos guerreiros, coma o carnyx, coma de humildes tubos sonoros.

O alumnado tivo ocasión de preguntar, e así o fixo, deixando patente o seu interese e curiosidade.

Por último, Abraham fixo soar o shofar, instrumento que derrubou na antigüidade as murallas de Xericó.

Esperemos que as de Betanzos sigan no seu sitio tras este concerto!

Rocódromo- 2º ESO

23/01/2024
Etc/GMT+1

Dous grupos de 2º da ESO realizaron prácticas de escalada no rocódromo de Lugo. Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva.

Visita á exposición de Helmut Newton - Mediación

12/01/2024
Etc/GMT+1

O equipo de mediación visita a exposición de Helmut Newton na Coruña.

Reunión informativa - Intercambio con Italia

Hoxe celebrouse a reunión informativa sobre o intercambio con Italia.

Para todos aqueles que non puideron asisitr, achegamos aquí a presentación e a ficha de preinscrición.

Recordade que o prazo para entregala en Vicedirección remata o vindeiro luns 22 de xaneiro!

Distribuir contido