Obradoiro de Iniciación á Astronomía
O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.
O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.
Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.
Concerto de Abraham Cupeiro
O xenial Abraham Cupeiro encandilou ao alumnado de 2º e 4º da ESO sacando magníficos sons tanto de instrumentos guerreiros, coma o carnyx, coma de humildes tubos sonoros.
O alumnado tivo ocasión de preguntar, e así o fixo, deixando patente o seu interese e curiosidade.
Por último, Abraham fixo soar o shofar, instrumento que derrubou na antigüidade as murallas de Xericó.
Esperemos que as de Betanzos sigan no seu sitio tras este concerto!
Rocódromo- 2º ESO
Dous grupos de 2º da ESO realizaron prácticas de escalada no rocódromo de Lugo. Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva.
Reunión informativa - Intercambio con Italia
Hoxe celebrouse a reunión informativa sobre o intercambio con Italia.
Para todos aqueles que non puideron asisitr, achegamos aquí a presentación e a ficha de preinscrición.
Recordade que o prazo para entregala en Vicedirección remata o vindeiro luns 22 de xaneiro!
Reunión informativa - Viaxe a Grecia
Hoxe celebrouse a reunión informativa sobre a viaxe a Grecia que organiza o departamento de grego para abril.
Para aqueles que non puideron asistir, achegamos aquí a presentación.
Recordade que o prazo para anotarse remata este xoves 18!
HORA DE LER
Jólabókaflód: esta palabra intraducible denomina a tradición islandesa consistente en agasallar libros durante o Nadal para comezar a ler na Noiteboa.
Aínda que non chegamos ao modelo de Islandia, si é certo que nestas festas houbo ocasións para recibir libros. Probablemente, non tantos como os que pinta Ella F. Sanders.
Para os que desexen estar atentos ás nosas suxestións, recomendamos a lectura duns poemas de Samuel Merino e un hilarante relato de Jonas Jonasson.
#aquítaménsefala
O noso centro participa nesta iniciativa cultural e de dinamización lingüistica, iniciada polo IES Rafael Dieste, xunto con máis de 150 centros de toda Galicia!
Con esta campaña, preténdese rachar cos prexuízos que din que non se fala galego na nosa comunidade.
O alumnado visitou comercios da localidade, que agora amosan con orgullo un cartel como o seguinte:
Probas de acceso a FP
Xa están publicadas as datas para as probas de acceso ao Grao Medio e ao Grao Superior de FP.
Podedes atopar toda a información na páxina https://www.edu.xunta.gal/fp/probas e no Departamento de Orientación.
HORA DE LER
Volvemos ás aulas co afán de recuperar o costume do estudo.
Emular, por que non, a capacidade de concentración da rapazada, congregada arredor dos libros, que tan ben captou Elvira Santiso nesta imaxe.
Sobre a necesaria recuperación da pintora betanceira, escribe a nosa [ex] alumna Sara Fraga Pérez o artigo «Elvira Santiso: una pintora de Betanzos» publicado no último número do Anuario Brigantino.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »
![IES Francisco Aguiar RSS Distribuir contido](/centros/iesfranciscoaguiar/misc/feed.png)