HORA DE LER

03/03/2024 11:30
Europe/Andorra
Nesta semana na que imos contar coa presenza dos alumnos do Liceo Statale Scientifico, Classico, Scientifico Sportivo, Scientifico Internazionale Cambridge Alessandro Volta [Colle Val d'Elsa], consideramos oportunas as seguintes suxestións de lectura: os relatos de Giovanni Boccaccio, Alberto Moravia e Bruno Morani.

Inauguración da exposición 12 miradas en feminino

01/03/2024
Etc/GMT+1

Este venres inaugurouse a exposición fotográfica 12 miradas en feminino. As fotógrafas Ana Tomé e María Varela explicáronlle ao alumnado presente a orixe do proxecto: honrar a mulleres pioneiras, creadoras, únicas, que a historia non promociounou.

A exposición conta con códigos QR a través dos que se pode acceder a información sobre cada unha das fotógrafas.

Esta exposición será parte das actividades no centro polo 8M.

Bandas musicais- entrevistas en música bilingüe

23/02/2024
Etc/GMT+1

Velaiquí unha pequena mostra do traballo do 2º de ESO na clase de música bilingüe.

En grupos, crearon bandas de diferentes estilos musicais e deseñaron preguntas para entrevistarse en inglés, coa axuda da asistente de lingua, Gabrielle.

O resultado, ademais de ser educativo, foi divertidísimo!

Club de Ciencia - Corte coa Mr. Beam


Nesta ocasión o departamento de tecnoloxía do IES Francisco Aguiar ven de rematar unha actividade realizada co alumnado de 1º da ESO.

Durante dúas sesións, deseñaron un calendario-puzzle chamado "un puzzle ó día", que consiste nun calendario universal no que están representados os nomes dos meses xunto cos días do 1 ó 31 e que a maiores consta de oito pezas dun puzzle deseñadas de tal xeito que a colocación estratéxica das pezas ten que ocultar todos os meses e os números de día agás o mes e o día da data actual. Deste xeito o calendario-puzzle ofrece un desafío diario de como colocar as 8 pezas do puzzle para amosar só a data do día, o que se traduce en 365 desafíos ó ano.


O alumnado deseñou e decorou cadanseu calendario que logo foi gravado e cortado utilizando cartón reciclado e a cortadora láser dos Polos Creativos.

Álbum: / Curso 2023-2024 -> Club Ciencia Tecnoloxía

HORA DE LER

25/02/2024 12:08
Europe/Andorra

Choiva e lectura nestes últimos días de febreiro... 

Axiña comezarán a agromar todas as flores.

ADMISIÓN ALUMNADO ADSCRITO 2024-2025

22/02/2024 11:52
Europe/Andorra



    Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas polos centros asdcritos ao IES Francisco Aguiar foron admitidas. 
   Tras este proceso esta é a relación de postos vacantes: 
 
                                        1º ESO: 19 vacantes 
                                        2º ESO: 19 vacantes 
                                        3º ESO:   9 vacantes 
                                        4º ESO: 27 vacantes 
 
1º BAC Ciencias: 11 vacantes 
1º BAC Humanidades: 14 vacantes 
 
                                                                                2º BAC Ciencias: 14 vacantes 
                                                                                2º BAC Humanidades: 11 vacantes

Ampliación do prazo para anotarse na Viaxe a Londres

20/02/2024
Etc/GMT+1

Atención! Por demanda popular, ampliamos o prazo para anotarse na Viaxe a Londres, destinada a alumnado que o ano que vén estea matriculado en 4º da ESO. Toda a información pode consultarse aquí.

Para resolver dúbidas, contacten con Xefatura ou Vicedirección.

ENCONTRO CON MERCEDES CORBILLÓN

19/02/2024 10:10
Europe/Andorra


HORA DE LER #DÍA DE ROSALÍA

18/02/2024 10:33
Europe/Andorra
 
Nesta semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 
 
 
 
 
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.  

 

AELG

Rap con Rosalía

19/02/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO2 goza da actividade "Rap con Rosalía", na semana na que celebramos o día de Rosalía. Esta actividade, ofertada por Vella Escola, está organizada polo servizo de normalización lingüística do concello de Betanzos.

Distribuir contido