Exposición Fasquía3D

Dende hoxe ata as vacacións de Nadal temos na entrada do edificio principal a exposición activa Fasquía 3D. Esta exposición, financiada pola Consellería do Mar  e elaborada pola Asociación Cultural Mariñeira ''Os Patexeiros'' de Sada Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) percorrerá distintos centros levando a impresión 3D de maquetas e diversos materiais lúdico-didácticos sobre as embarcacións tradicionais galegas. 

Fasquía 3D é un proxecto de innovación educativa do CIFP Ferrolterra coa colaboración do IES Francisco Aguiar.  Nace da xuntanza dun grupo de profesores , alumnado e afeccionados as embarcacions tradicionais, e que consiste en crear un repositorio de modelos 3d das nosas embarcacions. 

 

Pero e tamén moito máis, porque xurdiu a pregunta: Por que a impresion 3d parece relegada ao ámbito tecnolóxico no sistema educativo?. Daquela nos plantexamos , utilizando o exemplo das embarcacions tradicionais fomentar estas tecnoloxías a outros ámbitos educativos, non só científicos senon tamen das humanidades.

 

 

No proxecto, ademáis colaborarán as entidades máis relevantes en canto as embarcacions treadicionais, tales coma a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), que engloba a todas as asociacions relacionadas co tema e outras entidades,  AGALCARI, que é a asociación galega de carpinteiros de ribeira, EXPONAV, (consorcio do museo naval de Ferrol), o Colexio oficial de enxeñeiros navais de Galicia, Asteleiros Triñanes, Leica Geosystems España, os GALP Golfo Aratabro Norte, e a Asociación cultural Os Patexeiros de Sada- Lorbé. 

O primeiro obxetivo e claro: deixar nesta páxina modelos en 3d das nosas embarcacions, e isto inclue escaneos láser 3d, modelos 3d en STL para poder imprimir en impesoras 3d, e varios conxuntos de planos de formas, tanto en 2d coma as pezas que compoñen a embarcación en 3d, para imprimir tamén por pezas. 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Exposición Fasquía3D