Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020, con data do 19 de febreiro de 2020.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.

Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.

Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

15006754 - CIFP Ferrolterra

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

O obxectivo é permitir cursar estas ensinanzas ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou título profesional básico (ou equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou título de técnico de formación profesional (ou equivalentes). Deste xeito a Consellería facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.

En ambos casos as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática ciclosprobas (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar na secretaría de calquera centro docente público da Consellería que imparta FP este curso.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Olimpiada Cultural 2020


Acceso ás probas

 

r    g   

Preguntas do día                             Pista a pista    

 

f    g

   Aposta                      Preguntón 


 

 

 

Zipgrade, APP para correxir tests

  1. Teremos que buscar no Googleplay ou AppStore o programa ZIPGRADE (permite correxir 100 probas test o mes de maneira gratuita)
  2. Dende a web de Zipgrade,  imprímese a matriz na que márcanse as respostas. hai opcións de 20, 50 y 100 respostas. Pódense descargar en pdf ou en png.
  3. Dende "evaluaciones", se lle pon título a túa proba, elixes cantas respostas queres que sexan e pos una fecha. logo vas a "editar clave de respuestas" e marcas as correctas para cada pregunta. Por defecto, todas as respostas as puntúa cun punto pero pódese modificar e darlle a cada una o valor que se queira.
  4. Cando xa este feito o test (ollo mellor reencher non usar X), desde la app, vas escanando os exames, como se fosen un código QR. Sinala as respostas correctas en verde e las erróneas en vermello, mentres te marca en amarelo cal era a opción adecuada. E dáche o total de acertos. Si o escánea mal ou vese borroso, pódese eliminar dende o menú que hai tras os puntiños da zoa superior dereita. 
   
   

¡¡ ACREDÍTATE !! Presentación de solicitudes ata o 7 de febreiro!!!!

      

 

 

Podes obter un título a partir da tua experiencia laboral!!

<<<<< Mais información  preme aqui >>>>> 

 

 

 

 

Comeza a Olimpiada Cultural 2020

f  f 

O vindeiro luns, 3 de febreiro de 2020, comeza a 20ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro (ata o entroido) haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores.

Atrévete!

Hai follas de inscrición na biblioteca e ao lado dos paneis da olimpiada, no recibidor do centro

 

Aquí podes ver as bases do concurso

XVI Xornadas Ensino-Empresa 19-20

26/01/2015
Europe/Madrid

Do 27 o 31 de xaneiro de 2020, no salón de actos do noso Centro segundo o seguinte programa:

 

PEE2020

 

 

  • Dia 27:  Xornada de Emprego.(alumnado de 2º e modular)
  • Dia 28:  Xornada de Emprendemento.(alumnado de 2º)
  • Dia 29:  Xornadas Ensino-Empresa (Electricidade-Electrónica)
  • Dia 30:  Madeira, Moble e Cortiza, Servizos socioculturais e á Comunidade
  • Dia 31:  Fabricación Mecánica,Transporte e Mantemento de Vehículos

 

<<descargar diptico>>

 

 

 

Clases de inglés para Cambridge Preliminary B1

 

Good news, everyone!!! Este año tenemos clases de preparación para los exámenes Cambridge Preliminary B1. (no confundir con las clases de inglés técnico)

Las clases serán los martes de 16:00-18:00 en el aula API-4 (1ª planta). Comenzamos martes 11 de febrero. Contaremos con Augus, preparador en Babblers CDI. Interesad@s, haced clic en este enlace y cubrid el formulario. Ánimo, que esta vez podemos con el inglés, a por el currículum!

 

Nuevos cursos del Centro de Línguas UDC

Entramos en 2020 con una nueva convocatoria de cursos del Centro de Línguas de la Universidade da Coruña. Recordad que como alumnos del CIFP Ferrolterra podéis matricularos con la misma tarifa reducida que los alumnos de la UDC. Este convenio afecta a los cursos de inglés o alemán que se impartan en el Edificio de Apoio ao Estudo ("Aulario") durante este curso.

Los cursos, de 60 o 45 horas, tendrán lugar del 3 de febrero al 7 de mayo de 2020. Aquí tenéis el listado completo de cursos CL para el segundo cuatrimestre:

http://www.centrodelinguas.gal/gl/pag/416/cursos-del-2-cuadrimestre-201920--campus-ferrol/

¡Disfrutad de esta oportunidad!