Suxestións, queixas ou reclamacións

 

O Obxectivo deste espazo é recoller suxestións, queixas ou reclamacións relacionados co funcionamento do CIFP FERROLTERRA, formuladas por sectores da comunidade educativa, profesional e empresarial. Con el, preténdese potenciar a participación de tod@s e convertelo nunha fonte de información que nos permita dispoñer de datos que faciliten a mellora da calidade das nosas actuacións.

Os criterios definidos pola dirección do CIFP FERROLTERRA para o tratamento das SQR son:

- Suxestión: idea que se lle aporta á dirección do CIFP FERROLTERRA con ánimo construtivo para a súa mellora.

– Queixa: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP FERROLTERRA non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.

– Reclamación: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP FERROLTERRA ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non cumpridos, coa exclusión das reclamacións e recursos regulados pola Lei 30/1992 e do procedemento administrativo común.

Para formular unha suxestión ou queixa, cubra e envíe o seguinte formulario ou utilice o documento "Informe SQR" (modelo MD.82.CLI.11) que encontrará ao final deste cuestionario ou na biblioteda do Centro, o lado do buzón SQR, onde pode depositalo.

Para formular unha reclamación, utilice o documento "Informe SQR" (modelo MD.82.CLI.11) que encontrará ao final deste cuestionario ou na biblioteda do Centro, o lado do buzón SQR, e delle rexistro de entrada nas oficinas do centro.

O envío dunha suxestión, queixa ou reclamación anónima non xera dereito a resposta pero publicarse no taboleiro de anucios se fose pertinente. Se desexa resposta, deberá identificarse con nome, apelidos e unha dirección de correo electrónico.

O feito de non contestar non significa que o Centro e as persoas con responsabilidade no asunto non tomen as medidas oportunas para corrixir as deficiencias, emendar os erros ou realizar melloras.

As reclamacións con propoñente coñecido son respondidas por escrito mediante carta (poderá utilizarse o propio modelo MD.82.CLI.11 Informe de SQR).

As reclamacións son tratadas como non conformidades e contéstanse nun prazo de quince días laborais.

A súa opinión é importante, Grazas por axudarnos a mellorar.

Indique o curso e ciclo ao que pertence, ou a relación co Centro en caso de persoal externo.

Indique a xeito de título o motivo da suxestión, queixa ou reclamación.

Resuma o motivo da suxestión, queixa ou reclamación indicando os datos máis importantes e as accións que ao seu xuízo deberían tomarse.