O próximo luns, día 25 de Novembro de 2019 é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Temos programada a proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo” e charla coloquio coa directora do filme Xiana do Teixeiro, que dinamizará a xornada co alumnado de FP Básica e de 1º curso de ciclos formativos. A actividade terá lugar de 13:00 a 15:00 hs. no Salón de Actos do centro. A actividade é de asistencia obrigada, agás que teñades algún exame programado. Creemos que vai ser moi interesante e teremos a oportunidade de comentar a película coa creadora da mesma.
Pola tarde a actividade programadas é:
Espectáculo poético musical: A muller galega e as súas circunstancias
1.-Prólogo: Lieders (1858), manifesto feminista de Rosalía de Castro, con 21 anos.
2.-A condición nacional e de clase das mulleres:
*Eu son da montaña (Eduardo Pondal): mulleres e emigración
*Non cantes tan tristemente (Eduardo Pondal): nais e educación.
*A xusticia pola man (Rosalía de Castro): opresión e violencia, a rebeldía necesaria.
3.-Identidade e estereotipos femininos:
*Meniña, rapaza nova...(Eduardo Pondal), a idealización.
*Daquelas que cantan as pombas...(Rosalía de Castro), sen encaixar na norma dual, home/muller.
*Lúa descolorida...(Rosalía de Castro), astro das almas orfas e inadaptación.
4.-Desmitificando o matrimonio:
*San Antonio bendito...(Rosalía de Castro), unha visión popular.
*Decides que o matrimonio...(Rosalía de Castro), discutindo coa Igrexa, a desacralización.
5.-Mulleres e filosofía da vida:
*Vamos bebendo (Rosalía de Castro): pensar no futuro pero vivir no presente.
6.-Un poema conclusivo e sintético sobre o problema da muller:
*Xan (Rosalía de Castro)
7.-Epílogo:
*Carta a Eduarda (Rosalía con 29 anos e oito de matrimonio): capacidade intelectual, igualdade)
*Pódese acabar tamén co 6.
Voces: Luisa Sánchez e Xoán Padín;
Instrumentos: José Esteban (guitarra), Pablo Vergara (percusom), Alberte Maceiras (gaita, saxo e zanfona)
Esperamos que vos gusten!