Actividades día 25 de Novembro de 2019: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 

O próximo luns, día 25 de Novembro de 2019 é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Temos programada a proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo” e charla coloquio coa directora do filme Xiana do Teixeiro, que dinamizará a xornada co alumnado de FP Básica e de 1º curso de ciclos formativos. A actividade terá lugar de 13:00 a 15:00 hs. no Salón de Actos do centro. A actividade é de asistencia obrigada, agás que teñades algún exame programado. Creemos que vai ser moi interesante e teremos a oportunidade de comentar a película coa creadora da mesma.

 

Pola tarde a actividade programadas é:

Espectáculo poético musical: A muller galega e as súas circunstancias

1.-Prólogo: Lieders (1858),  manifesto feminista de Rosalía de Castro, con 21 anos.

2.-A condición nacional e de clase das mulleres:

*Eu son da montaña (Eduardo Pondal): mulleres e emigración

*Non cantes tan tristemente (Eduardo Pondal): nais e educación.

*A xusticia pola man (Rosalía de Castro): opresión e violencia, a rebeldía necesaria.

3.-Identidade e estereotipos femininos:

*Meniña, rapaza nova...(Eduardo Pondal), a idealización.

*Daquelas que cantan as pombas...(Rosalía de Castro), sen encaixar na norma dual, home/muller.

*Lúa descolorida...(Rosalía de Castro), astro das almas orfas e inadaptación.

4.-Desmitificando o matrimonio:

*San Antonio  bendito...(Rosalía de Castro), unha visión popular.

*Decides que o matrimonio...(Rosalía de Castro), discutindo coa Igrexa, a desacralización.

5.-Mulleres e filosofía da vida:

                     *Vamos bebendo (Rosalía de Castro): pensar no futuro pero vivir no presente. 

6.-Un poema conclusivo e sintético sobre o problema da muller:

*Xan (Rosalía de Castro)

7.-Epílogo:

*Carta a Eduarda (Rosalía con 29 anos e oito de matrimonio): capacidade intelectual, igualdade)

*Pódese acabar tamén co 6.

Voces: Luisa Sánchez e Xoán Padín;

Instrumentos: José Esteban (guitarra), Pablo Vergara (percusom), Alberte Maceiras (gaita, saxo e zanfona)

Esperamos que vos gusten! Sonrisa