Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020, con data do 19 de febreiro de 2020.
As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.
Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe.
Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.
Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.
Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.
As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.
O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.
- 15006754 - CIFP Ferrolterra
-
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación