Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020

 

Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

 

Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e reclamacións>>. Posterioremente, a través da plataforma https://sede.xunta.gal, deberase presentar xunto coa solicitude, a correspondente documentación que apoie a reclamación, utilizando o trámite "Alegacións" asociado á solicitude de inscrición no proceso. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada.

 

<<<  Mais Informacion sobre Listaxes provisionais. >>>