Acreditación de competencias. Información 2020
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2020.
Orde de convocatoria
Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
Relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación
Oferta de unidades de competencia obxecto de acreditación.
Criterios de prioridade
Baremo para determinar a orde de prioridade na admisión de solicitantes, cando existan máis persoas candidatas que prazas.
Calendario previsto para o desenvolvemento do procedemento de acreditación
O desenvolvemento do procedemento de acreditación de competencias axustarase ao seguinte calendario:
- Ver calendario (Actualizado o 26/05/2020)
Documentación e listaxes do procedemento de acreditación da convocatoria 2020