Novas do centro
1ª Xornada do Congreso de Innovación Educativa e Dixital (Dixinnova 2022)
Uns 700 docentes asistiron este martes a diversas conferencias sobre innovación
e dixitalización no ámbito educativo na primeira xornada do I Congreso de Innovación
Educativa e Dixital ' Dixinnova 2022', no que 23 centros presentaron os seus proxectos
sobre cuestións como a robótica ou a impresión 3D.
<<< Mais información da noticia en galiciapress.es >>>
<<< Video do evento na TVG >>>
Proxecto Aulas saudables no CIFP Ferrolterra
A situación de pandemia motivada pola COVID-19 está a xerar a necesidade de ventilar os espazos cunha frecuencia maior do que se facía ata o de agora.
Por este motivo dende o CIFP FERROLTERRA fixemos dous prototipos de baixo custo que case calquera podería facer para a súa casa, aula ou local.
Toda a información do proxecto e descargable e esta a vosa disposición nos repositorios de github.com
II Edición do Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"
II Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"
O CIFP Ferrolterra convoca o II Concurso de ideas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprendemento e impulsar a innovación e a creatividade entre o alumnado.
Dirixido a todo o alumnado do centro ,matriculados no curso académico 21/22, FPB, ordinario, modular e dual.
Podedes participar individualmente ou en equipos.
O prazo de presentación de ideas ao Concurso é dende o 1 de marzo ata o 15 de maio de 2022.
INSCRICIÓN NO CONCURSO:
- Formulario que aparece no enlace: https://forms.gle/PiH695YkQqYTLDeJ8
- Qr que aparece no cartel do concurso ou aquí
Se precisades asesoramento ou seguimento da vosa idea na Coordinación de emprendemento e no Departamento de FOL estamos ao voso dispor para que a poidades presentar ao Concurso.
Para participar no Concurso tedes que expoñer a Idea nun VIDEO dun minuto de duración como máximo e envíalo á seguinte dirección de correo: viveiroe.cifpferrolterra@gmail.com
Recorda que a presentación é o que vai ver o xurado, realiza unha boa presentación!!!!.
O XURADO estará composto por membros da Dirección, profesorado e alumnado das familias profesionais do CIFP Ferrolterra.
E o momento de que deas a coñecer a túa idea, porque a túa idea pode ter premio €€€€€€.
As mellores ideas terán premio en metálico:
- 1º Premio: 300€
- 2º Premios: 150€
-3º Premio: 4 Premios 50€ c/u
As Ideas serán valoradas segundo os seguintes criterios de 1 a 4 puntos:
Presentación da idea
Se a idea satisface unha necesidade existente no mercado?
Se a idea pode levarse á práctica (viable)
Se a idea é orixinal, innovadora e diferente
PARTICIPADE NO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS
Esperamos os vosos VIDEOS!!!!!
Animádevos a dar a coñecer as vosas ideas!!!!
IDEAS = €€€€€€€€€€€€€€
Novos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!
Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2022
Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
- Convocatoria actual de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
- Calendario das probas de acceso
#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia