Novas

 

Cursos de Formación para desempregados

Xa temos algunhas datas dos de cursos de Formación para desempregados que se van impartir no centro. Os cursos son: 

IMAQ0108: Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial. Data de selección: 29/2. Horario curso de mañás. Comezo do curso: 11/3

MAMR0308: Mecanización de madeira e derivados. Data de selección: 29/2. Horario do curso de tardes. Comezo do curso: 11/3

ELEM0311: Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial. Data de selección: 11/03. Horario do curso de tardes. Comezo do curso: 14/3.

ENAE0111: Operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables

TMVG0109: Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos

Se alguén está interesado enviade un correo ao centro co: Nome e Apelidos, NIF, Teléfono de contacto. 

Taxas Títulos 2023 e Seguro Escolar

TAXAS TÍTULOS 2023

Concepto: Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE e duplicados (ou LOGSE)

TÍTULO

Tarifa Normal

Familia Numerosa Categoría xeral

Familia Numerosa Categoría Especial

Duplicado

Técnico

22,07€

11,06€

0

2,55€

Técnico Superior

54,00€

27,03€

0

4,98€

A taxa para á expedición do título a podedes tramitar de xeito telemático ou podedes descargar o modelo en: 

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/1.3/item-dark-blue/tab#0

Os códigos para encher son os seguintes:


 

Para os que os estades a matricular: Os menores de 28 anos necesitan resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Abanca: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. IMPORTANTE: Concepto: SEGURO ESCOLAR + NOME APELIDOS ALUMNO)

 

Certificados Curso Traballos en Altura

Xa están dispoñibles en Conserxería os Certificados do Curso de Traballos en Altura!

 

Curso de Traballos en Altura!!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Traballos en Altura. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico en grupos reducidos de 5 persoas. 

Aínda non hai datas exactas pero trataremos que sexa neste trimestre.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 15 de Febreiro de 2023. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 35€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría cando xa teñamos as datas. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago e recibiredes un email avisandovos.

O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura: https://forms.gle/oBPwjmPVxz61Pu1H7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

NOTA: Esperamos ter os diplomas do curso de carretilleiro dispoñibles para retirar en conserxería esta semana.

Novos cursos AFD!!!

Xa te podes apuntar nos cursos AFD que se van impartir no CIFP Ferrolterra:

Mantemento e montaxe mecánica de equipo industrial. Especialidade: IMAQ0108. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 8:30- 14:30 (agás o PRL)

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004846-01ou ben nas oficiñas do inem.
 
Montaxe e instalación de construcións de madeira. Especialidade: MAMB0210. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 16:00 a 22:00h.
 
Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004874-01
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG. Especialidade: FMEC0110. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial.

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004842-01

Se tes algunha dúbida envianos un email ao cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

 
As probas de selección de candidatos destes 3 cursos serán o 23/2 e comezarán o 27/2.
 
Haberá tamén 3 cursos AFDs de:
ELEM0210 – Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de sistemas de automatización industrial,
TMVG0109 - Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos
ENAE0111 - Operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables
Mais información no cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

Probas de acceso a ciclos 2023

Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Orde do 5 de decembro de 2022

Máis información:

 

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro ate mañá venres ás 12:00 am.

As sesións prácticas serán de dúas horas a escoller durante os días 3, 4, 5 e 6 de decembro.

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. 

Aínda non hai datas exactas pero será antes de Nadal.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 25 de Novembro de 2022. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 30€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 28 ao 30 de novembro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/P5jW8GPKUUjM3VSz7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.