Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2020

 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 13 de xuño ao 12 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

15006754 - CIFP Ferrolterra

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria