Donas de si

 

Análise de situación do CIFP Ferrolterra

En novembro e decembro de 2017 faise un estudo do reparto de función entre os docentes nas distintas áreas e coordinacións existentes no noso centro. Este estudo vainos permitir ter datos obxectivos sobre as docentes e os docentes e o resto do persoal que traballa no centro. Tomamos este estudo como partida para a posta en marcha das actividades do programa Donas de si.

Árbore de nadal

Este ano a árbore de Nadal foi decorada coa participación de todos os alumnos do centro,  pertencentes a todos os ciclos formativos e a FP Básica. Implicouse a toda a comunidade educativa, alumnado e profesorado. Tradicionalmente a decoración de Nadal  era cousa das alumnas do CS de Educación Infantil, maioritariamente mulleres. Este ano implícanse tamén o resto dos ciclos formativos, maioritariamente masculinos na súa composición. A decoración de Nadal faise con material de refugallo dos talleres, con pezas que sexan representativas de cada unha das Familias Profesionais. A actividade foi exitosa e acádase un alto grao de participación do alumnado.

 


 

 

موقع المقال

نوفالدول Novaldol

طرق حل المشاكل الزوجية

معنى الحروف والألوان في لوحات السيارات في مصر

خدمة الاحتفاظ بالمكالمات

ألم المفاصل - آلام المفاصل

منتوبلكس MENTOPLEX

العاب بدون نت

ألعاب موبايل جماعية

حظر اليوتيوب من الروتر

حالات الاعفاء من الجيش

صيام يوم عاشوراء

فوائد الماء بالليمون

خدمة العملاء بنوك مصر

كولونا Colona علاج القولون العصبي

كبسولات رويال باور Royal Power 2000

خدمة إلعب وإكسب

رقم خدمة عملاء فودافون

كبسولات أفتر ميلز After Meals مكمل غذائي لعلاج القولون

فضل صوم يوم عرفة

تردد قناة أون سبورت On Sport

تطبيق justclean غسيل كوي دراى كلين

مكملات غذائية للجو الحار

كتابة CV بأفضل طريقة

تحميل سيرة ذاتية جاهزة

أعراض الادمان وعلاجه

Clubs de cine e lectura

  • Club de Lectura: Faise a lectura, no segundo trimestre, do libro “Persépolis”, seguindo o procedemento de actuación habitual neste club: Escolla do libro, reunión do grupo e comentario guiado.
  • Club de cine: Este club desenvolve no segundo trimestre do curso un ciclo de cine sobre mulleres. As películas escollidas foron: “Agora”, sobre a figura da científica e filósofa Hipatia; “Figuras ocultas”, sobre as científicas afroamericanas da NASA, tratándose temas relacionados co racismo e os dereitos civís das mulleres; “Persépolis”,onde se abordan temas relacionados coas tradicións e as diferenzas de xénero en Irán na década dos anos 70. O procedemento seguido por este club é o visionado da película cunha ficha guiada, reunión do club e posta en común e reflexión sobre os aspectos propostos.

 

Olimpiada cultural: semana das mulleres

Exposición fotográfica "Iguais: Eu vou ser..."

Videoconferencia coa neurocientífica Susana Martínez Conde

Videoconferencia coa neurocientífica coruñesa Susana Martínez Conde: Aproveitando a exposición de mulleres no ámbito STEM “Maria Josefa Wonenburger” celebramos o día 16 de marzo no centro unha videoconferencia coa neurocientífica coruñesa Susana Martínez Conde dende a Universidade de Nova York, onde traballa e dirixe un equipo de científicos que estudian a percepción do ollo humano e como se pode enganar o cerebro.Para preparar esta videoconferencia a propia Susana Martínez Conde remite ao centro uns videos dos seus traballos para que os alumnos dos CS de Educación Infantil e Automatización e Robótica Industrial preparen esta sesión.Tamén son invitados a participar os alumnos que pertencen ao Club de ciencias do CIFP Ferrolterra. Os alumnos visionan previamente os videos e preparan preguntas e cuestións na aula para o debate coa ponente Susana Martínez Conde. Os alumnos de Educación Infantil teñen un interese especial no desenvolvemento cognitivo dos nenos. Os alumnos de Robótica, a súa vez, están a desenvolver un proxecto de visión artificial e recoñecemento facial nun PIT desnvolvido neste centro. 

Faise a solicitude de inclusión da neurocientífica Susana Martínez Conde, polo seu currículo, carreira profesional e súa dispoñibilidade para a colaboración neste e noutros proxectos educativos, no Listado de Protagonistas da Consellería de Presidencia. Administracións Públicas e Xustiza; Subsecretaría de Igualdade, polos membros do grupo de traballo do proxecto “Donas de si”. Solicítase tamén a posibilidade de presentar a súa candidatura os premios “María Josefa Wonenburger”. 


 

 

Exposición fotográfica mulleres científicas "Premios María Josefa Wonenburger"

  • Exposición fotográfica premios científicos “María Josefa Wonenburger”.No mes de marzo chega ao noso centro esta exposición fotográfica de mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico do ámbito STEM. Os alumnos e alumnas do centro son invitados a exposición e a coñecer máis de preto as mulleres de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas  galegas e as súas achegas. Mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a outras mulleres

 

Dïa do Libro. Exposición escritoras de literatura infantil e xuvenil

 

  • Día do Libro: O día 23 de Abril celebramos no centro o Día do Libro cunha exposición de carteis, proposta e preparada polas alumnas do CS Educación Infantil, de escritoras de literatura infantil e xuvenil. Este día os alumnos e alumnas do centro e varios profesores fan lectura de fragmentos de obras de mulleres escritoras para conmemorar a data.

 

gfds


 

df


 

fds


 

df


 

df


 

dfg


 

dfg


 

dg


 

d


 

d


 

 

Exposición "Mulleres con Historia"

Exposición “Mulleres con historia”. O grupo de traballo prepara unha exposición con carteis para visibilizar as achegas de mulleres científicas, políticas, filósofas, educadoras,…no mes de abril. Esta exposición ten o claro obxectivo de visibilizar a mulleres de todos os tempos, pasadas e presentes, as súas achegas a innovación, a cultura, a sociedade, os avances en todos os eidos como iguais aos homes. Mulleres que en moitas ocasións non foron recoñecidas ou que quedaron a sombra dos homes malia seren as artífices dos éxitos acadados.

Tríptico "Donas de Si"

  • Tríptico “Donas de si”. Faise unha publicación en formato de tríptico onde se recolle a evolución da loita das mulleres pola igualdade de dereitos dende os anos trinta ata a actualidade, pasando pola revolución do feminismo no sesenta e oito. Faise unha mención expresa das mulleres en datos (traballo, corresponsabilidade, conciliación, maternidade, sanidade, educación,...) e das leis que recoñecen os dereitos das mulleres para a igualdade.

 


 

 fg    Tríptico programa Donas de si 2018