Fillas Bravas coa FP Básica do CIFP Ferrolterra

 

Fillas bravas é unha peza teatral e musical da compañía Chévere, interpretada por tres actrices, un exercicio de empoderamento da muller rural, usando as cantigas tradicionais para falar de igualdade entre homes e mulleres, sexualidade, maltrato e violencia machista.

Con esta peza, Chévere sigue explorando as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade fronte á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres.

Alí estuvimos xunto aos nosos alumnos de 2º de FP Básica!!!