AUSENCIA DE PRIYA

Dende o martes 24 e ata o xoves 26 de xaneiro non haberá clases de inglés con Priya.

 

DATAS DEFINITIVAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Xa son definitivas as datas e horas das probas escritas dos exames de certificación de inglés:

  • Nivel B1: Luns, 6 de febreiro ás 10:00.
  • Nivel B2: Xoves, 2 de febreiro ás 16:00.
  • Nivel C1: Luns, 6 de febreiro ás 16:00.

Estamos todavía pendentes de coñecer as datas dos exames orais individuais. En canto a Escola Oficial de Idiomas nolas indique, comunicarémolas.

 

VISITA DE ESTUDIANTES ERASMUS ALEMANES

Del 3 al 11 de noviembre y dentro del programa Coastline de Erasmus+, el CIFP Ferrolterra recibió la visita de David, Lukas, Sebastian y Matz, un grupo de alumnos del instituto TBZ Mitte de Bremen (Alemania), junto con su profesor Michael Graf-Jahnke.

Estos alumnos están cursando en su país una FP Dual con las empresas Kuka y Minimax, y en nuestro centro asistieron a clases relacionadas con su actividad en las mismas: robótica, CNC y autómatas programables. También visitaron la empresa INTAF.

 ¡Gracias por vuestra visita!

 

Probas de acceso a ciclos 2023

Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Orde do 5 de decembro de 2022

Máis información:

 

GAÑADOR@S CONCURSO TARXETAS DE NADAL EN GALEGO

GAÑADOR@S

CONCURSO

"TARXETAS DE NADAL EN GALEGO"

1º PREMIO

 

2º PREMIO 

 

3º PREMIO

 

NORABOA @S GAÑADOR@S!!!!

GRAZAS A TOD@S

POR PARTICIPAR!

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL EN GALEGO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Electricidade e Electrónica estamos a organizar un concurso de Tarxetas de Felicitación do Nadal.

Para participar hai que deseñar unha tarxeta e enviala ao correo: linguagalega.ferrolterra@gmail.com en formato pdf antes do 19 de decembro de 2022.

O deseño da tarxeta é libre, podedes empregar as novas tecnoloxías, realizala en formato dixital, ou con diversos materiais (madeira, metal, etc)... o único requisito é que a mensaxe de felicitación estea escrita en galego!

Animádevos a participar!

Os premios serán:

1º: 100 €

2º: 50 €

3º: 25 €

DATAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Os exames de certificación para os matriculados terán lugar na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, nas seguintes datas e horario:   

NIVEL DÍA HORA
B1 Luns, 6 de febreiro  Ás 10:00 
B2

Xoves, 2 de febreiro (1ª quenda)

Xoves, 9 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00
C1

Luns, 6 de febreiro (1ª quenda)

Venres, 10 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00

 

A proba oral terá lugar outro día, dentro da primeira quincena de febreiro, segundo indique no seu momento a EOI.

 

 

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. 

Aínda non hai datas exactas pero será antes de Nadal.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 25 de Novembro de 2022. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 30€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 28 ao 30 de novembro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/P5jW8GPKUUjM3VSz7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.