Obradoiros emprendemento para os alumnos de 2º

O mércores 11 de novembro terá lugar no CIFP Ferrolterra o 1º Obradoiro de emprendemento deste curso 2020-21 dirixido a todos o nosos alumnos de 2º curso de ciclos formativos, de diurno e modular.

Estes obradoiros teñen como obxectivo impulsar e promover a iniciativa emprendedora entre o alumnado do centro.

O obradoiro será impartido por PromoveConsultoras.

Haberá  dúas sesións: unha de mañá as 10:45 e outra as 18:15 da tarde.

Este ano debido a situación que estamos a vivir pola Covid-19 realizaranse de xeito telemático, a través de

videoconferencia.

Esperamos a boa acollida destes obradoiros entre o alumnado e agradecemos a colaboración do profesorado para a súa realización.

Prazas liberadas!!!!!

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 21 ás 9:00 horas ata o día 2 de outubro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Tedes toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2020-21

Información Medidas Protocolo Covid-19

!!! NOVO !!! CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2020-21

 

Todas as clases comezan o día seguinte da presentación.

Todas as presentacións serán no Salón de actos

 

- Todas as clases comezan o día seguinte da presentación.

- Todas as presentacións serán no Salón de actos 

 

<<<<   DESCARGAR OU VER EN FORMATO PDF >>>>

Taxas Títulos 2020 e Seguro Escolar

TAXAS TÍTULOS 2020

Concepto: Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE e duplicados (ou LOGSE)

TÍTULO

Tarifa Normal

Familia Numerosa Categoría xeral

Familia Numerosa Categoría Especial

Duplicado

Técnico

21,64€

10,84€

0

2,50€

Técnico Superior

52,94€

26,50€

0

4,88€

A taxa para á expedición do título a podedes tramitar de xeito telemático ou podedes descargar o modelo en: 

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/1.3/item-dark-blue/tab#0

Os códigos para encher son os seguintes:


 

Para os que os estades a matricular: Os menores de 28 anos necesitan resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Abanca: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. IMPORTANTE: Concepto: SEGURO ESCOLAR + NOME APELIDOS ALUMNO)

 

Calendario Probas Extraordinarias FP Básica

Achégase calendario de Probas Extraordinarias para FP Básica de Madeira e FP Básica de Electricidade para a primeira semana de setembro

Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 9 de xullo ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.

Réxime para as persoas adultas

Nova publicación das listaxes provisionais de solicitantes do réxime para as persoas adultas que actualiza a baremación por módulos xa superados. As listaxes actualizáronse ás 14:15 horas do 13 de xullo de 2020.

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Reanudación Cursos AFD próximo 6 de xullo

O próximo luns 6 de xullo, reanudanse as clases das Acción Formativas para Desempregados (AFD) que se estaban a desenvolver no noso centro, en horario de 8:30 a 14:30.