Novas do centro

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP

Ven, 16/04/2021 - 09:54

Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:

Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 850 euros.

Requisitos dos solicitantes:

-Ter cursados estudios de FP superior durante o curso 2019/2020 nalgún centro da Comunidade autónoma de Galicia (tanto en presencial como a distancia) e ter rematado os estudos no ano 2020.

-Ter obtido unha cualificación final do ciclo igual ou superior a 8,50.

Forma e presentación de solicitudes:Ata o 12 de Maio de 2021 a través de www.edu.xunta.gal/premiosedu/

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-250321-0001_gl.pdf 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021

Ven, 09/04/2021 - 20:34

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

A solicitude poderá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude.

- No caso de solicitantes xa autenticados no contorno "edu.xunta.es" que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a finalización da presentación da solicitude nas probas libres para a obtención de títulos de FP LOE. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.

- En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

Prazo de solicitudes de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2021 ata as 13:00 h.

 

Solicitudes de inscrición

 

<<<<< Mais Información prema aquí >>>>>>>

 

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2021

Ven, 09/04/2021 - 20:04

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Xov, 11/03/2021 - 11:12

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. As datas da sesión práctica serán na semana do 22 ao 26 de Marzo. Os interesados debedes apuntaros ata o día 15 de Marzo de 2021. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 16 ao 18 de marzo de 2021. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/4jFWddBv4uXa5Tef6

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

Cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

Mér, 10/02/2021 - 12:04

Dispoñibles prazas nos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

 

ELES0108 - Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios. Quedan dúas prazas. Presentarse no centro ate o 15/3/2021

 

 

Comeza a Olimpiada Cultural 2021

Mar, 26/01/2021 - 14:09

  

O vindeiro luns, 1 de febreiro de 2020, comeza a 21ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores. Neste vídeo explicamos a estrutura e as regras do concurso.

Este ano faranse tódalas probas a través da aula virtual do centro.

Atrévete!

Pinchade aquí para inscribirvos.

 

Aquí podes ver as bases do concurso