Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Maio 12, 2022 »
Xov
Start: 12/05/2022 07:35
End: 12/05/2022 09:30

 O alumnado de E2D practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 12 de maio.

 

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo | IES Francisco Aguiar

Start: 12/05/2022 08:01
End: 12/05/2022 11:45

Como en convocatorias anteriores, hai alumnos e alumnas do noso centro, fundamentalmente de 1º de Bacharelato, que van certificar o seu nivel de francés.

As probas orais do DELF B1 serán realizadas no noso centro, cunha examinadora que se despraza ao noso centro.

Os exames serán o xoves 12 de maio, desde as 10.00 até as 13.45.

Start: 12/05/2022 14:16

 

 

 

 

O 30 de marzo dábamos conta da seguinte noticia: a alumna de 2º de BAC Sofía Veiga García resultaba ser a gañadora na fase autonómica do Consurso Parnaso de tradución do grego. 

Poucos días antes da visita a Betanzos de Theodor Kallifatides recibimos, con xúbilo, a notificación de que o seu traballo mereceu a segunda posición a nivel nacional.

Na secuencia de fotografías que hoxe publicamos aparecen Sofía e o seu profesor, Francisco Calaza, e Sofía e Theodor Kallifatides.

Nas mans de Sofía un exemplar de Timandra, a última novela, adicada por Theodor Kallifatides con todo o afecto, rebosante de humanidade,  que transmite este exemplar e venerable intelectual humanista.

Non atopamos mellor agasallo para Sofía que unha nova inxección de estímulo intelectual.

Parabéns a Sofía e a nosa felicitación a Francisco Calaza polo seu traballo.

Distribuir contido