Eventos - Filtro:
Xov | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 18/10/2018 09:40
ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas. É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse. Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor. Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos. Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc. Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
Start: 18/10/2018 10:00
O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENL (equipo de normalización lingüística) do centro.
Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra. Start: 18/10/2018 16:30
Convócase aos pais/nais/titores do alumnado de 3º/4º da ESO e 1º/2º de BAC a unha reunión informativa cos titores dos grupos de alumnos o día 18 de outubro de 2018 nos horarios: Excepcionalmente 3º ESO D convoca á reunión o mércores 17 ás 16:30
Na reunión informarase acerca do Sixa Familias, das normas de organización e funcionamento do centro, dos diferentes protocolos de actuación en caso de indisposición dalgún alumno/a, etc.
|