Teatro Eroski Paraíso da compañía teatral Chévere no centro Ágora da Coruña

18/10/2018 10:00
Etc/GMT+1

Eroski Paraíso

O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENL (equipo de normalización lingüística) do centro.


Eroski Paraíso. A primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro.

Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra.