Skip to Content

Descubrindo o bádminton

A inclusión e equilibrar as diferenzas individuais son obxectivos que o proxecto "Descubrindo o norte" leva no seu ADN e, como ben sabedes todos os que seguides as nosas actividades dentro do marco da Educación Física, para conseguilos, apoiámonos nos deportes alternativos e os minoritarios, nos cales as diferenzas técnicas e as habilidades individuais redúcense notablemente, o cal facilita a inclusión.
Por que eliximos o bádminton neste caso, pois porque se trata dun deporte de baixo impacto articular, é igual de accesible para ambos os sexos, favorece o desenvolvemento de habilidades físicas fundamentais dos máis pequenos, é alcanzable para todos, é un deporte dinámico e divertido…

Despois de traballar este deporte no colexiona correspondiente unidade didáctica, o alumnado de 3º participou nunha xornada lúdico-deportiva con varios colexios da contorna no IFEVI. O Servicio Provincial de Deportes facilitou o desenvolvemento desta xornada.

Galería fotográfica

Descubrindo o Balonkorf

Como vén sendo habitual, o proxecto “Descubrindo o norte”, ademais do desenvolvemento psicomotriz do noso alumnado, impulsa tamén valores como a inclusión e a coeducación tratando de equilibrar as diferenzas á vez que fomenta o desenvolvemento persoal. Para iso utilizamos os deportes minoritarios e os alternativos cos que, por ser menos coñecidos e practicados, conseguimos minimizar as diferenzas nas habilidades de quen os practica.O balonkorf é un destes deportes. O noso alumnado de 6º tivo a oportunidade de coñecelo da man dun dos seus técnicos na primeira quincena do mes de abril.

Galería fotográfica

 

Descubrindo a arte, a ciencia e as mulleres neurocientíficas da Escola de Ramón y Cajal.

Colaborando co proxecto "Descubrindo o norte", o Dr. D. Carlos Spuch visitará un ano máis o noso centro para achegar a Ciencia o noso alumnado. Ademais de poñer en valor a importancia que teñen a actividade física, a alimentación así como a estimulación cognitiva e o desenvolvemento emocional cara a madurez persoal, nesta ocasión, descubriremos da man do Dr. a figura de D. Santiago Ramón y Cajal, a importancia da súa Escola e o papel crucial desenvolvido polas primeiras mulleres neurociéntífcas da súa escola. Con el, tamén descubriremos dun modo artístico como naceu a neurociencia e o desenvolvemento do método científico a partir diso.

D. Carlos Spuch é Dr. en Bioloxía e traballa no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, no complexo hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo. Científico entregado, gran defensor do campo galego, apaixonado e perseverante no seu traballo, aficionado a diversas actividades deportivas, gran divulgador e comunicador; sencillez e humildade son aspectos que lle caracterizan. O vindeiro día 24 de abril onoso alumnado terá a oportunidade vivir esta experiencia.

Canto sabes do

sistema nervioso?

As mulleres da Escola de

Ramón y Cajal

Un libro Curiosidades Un relato

Beneficios da lectura

en papel

ABRIL: mes do libro

Día da poesía

Aeroporto

8M - Día Internacional da Muller

Gañadora certame de pintura "As luces de Vigo no nadal"

Esta semana recibimos a noticia de que unha das nosas alumnas de 2º de Primaria, Alba Pazó Davila, foi unha das gañadoras do certame de pintura "As luces de Vigo no Nadal".

Parabéns Alba!!

 

UNHA NOVA DIMENSIÓN

 

Outra vez tivemos a sorte de contar co escritor Anxo Iglesias que viu a compartir a experiencia da poesía.

Moitas grazas por compartir con nós.

Descubrindo o atletismo en pista.

"Citus, altius, fortius". Como comentei en anteriores ocasións, este é o lema que o barón Pierre de Coubertain vinculou aos Xogos Olímpicos. Nesta xuntanza deportiva, o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. O amplo grupo de deportes que inclúe o atletismo, favorecen o desenvolvemento da forza, a resistencia física e conséguese velocidade. Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Por outro lado, ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios.

O proxecto “Descubrindo o norte” en colaboración co Servizo provincial de deportes e o clube atletismo Beade levou o pasado luns ao noso alumnado de 4º de primaria ás instalacións do IFEVI para compartir unha xornada lúdico deportiva xunto co nenas e nenos de numerosos colexios de Vigo onde o atletismo foi o protagonista.

Galería fotográfica

 

Distribuir contido


by Dr. Radut