Skip to Content

ROTEIRO LITERARIO 2023: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Hoxe o club de lectura Rapochá ten unha cita moi interesante. Sairemos polas rúas da nosa cidade para facer o noso primeiro "Roteiro Literario".

Visita 1º, 2º e 3º ao xacemento de Toralla

(fai click nas imaxes para ver a galeria de imaxes da visita)

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá do mais instructiva e divertida na Vila romana de Toralla, a única vila romana de Galicia que esta íntegramente excavada.

 

 

O noso alumnado tamén ten iniciativas.

A aprendizaxe significativa vén determinada en gran medida pola implicación do alumnado no proceso da mesma. Para iso, ao marxe do currículo legal, os intereses dos nosos discentes son unha materia prima imprescindible para conseguir levar a bo porto o proceso formativo. Nesta liña, temos un alumnado que achega e suma tanto propoñendo actividades como participando e aceptando estas propostas. Na seguinte ligazón ten acceso á galería fotográfica destas actividades con alumnas e alumnos de 6º. Estas propostas foron dirixidas por Gabriel Rodríguez Lago (Taikwondo); María Domínguez Fernández (xadrez); Elia Pires Pérez, Lena Rodríguez García e Erea Ucha Comesaña (patinaxe).

Galería fotográfica

Descubrindo a bicicleta co Club Ciclista Vigués

Cada vez son máis as persoas que recorren ás bicicletas como medio de transporte limpo e respectuoso co medio ambiente. Desprázanse polas cidades en bicicleta, para ir ao traballo ou darse un paseo, e os carrís-bici son cada vez máis frecuentes en todos os lugares. Ademais, as bicicletas, son un elemento ao que podémoslle sacar moito beneficio tanto a nivel familiar como escolar e deportivo. A dimensión escolar no ámbito da educación vial está clara; no ámbito familiar é unha boa escusa para iniciar aos cativos dun xeito divertido nos hábitos de vida saudable facendo xogos e pequenas excursións adaptadas ás respectivas idades; No ámbito do deporte non fai falta falar moito: ciclismo, MTB, Orientación en bici(MTB-O)... E neste sentido, un ano máis, o Club Ciclista Vigués achegou ao noso alumnado a súa paixón por estes deportes.

Moitas grazas unha vez máis a María, Ángel, Elsa e Fátima. Grazas ao Club Ciclista Vigués.

Galería fotográfica

 

Descubrindo os xogos populares

Os xogos populares, os tradicionais transmiten aos rapaces e rapazas numeroso valores en todos os ámbitos. Mediante estes xogos satisfán as necesidades básicas de exercicio, permítelles expresar e realizar os seus desexos e prepara as súas imaxinacións para o desenvolvemento das súas actitudes morais e maduración de ideas, é un medio para expresar e descargar sentimentos, positivos ou negativos, que axuda ao seu equilibrio emocional.

O xogo permítenos  observar o desenvolvemento das potencialidades dos cativos, a súa autonomía e o seu equilibrio emocional; por todo isto, o xogo ten unha serie de valores e vantaxes que podemos obserbables nos seguintes ámbitos:

  • Físico: Por medio do xogo descárgase enerxía física, aumenta a flexibilidade e axilidade. Auméntase a resistencia, ademais, fisiológicamente desenvólvense e fortalecen músculos e extremidades.
  • Valor social: Ao ofrecer experiencias de relacións sociais axuda a descubrir o dereito alleo, a conducirse dentro do grupo social e aprender compañeirismo, disciplina, cooperación, liderado e comunicación.
  • Valor intelectual: Permite a súa interpretación mediante a fantasía, creatividade e imaxinación.
  • Valor psicolóxico: Cando inflúe na organización dunha personalidade equilibrada, a través da actividade do xogo, o neno ou a nena ten a oportunidade de construír a súa propio "yo", de experimentar sen trabas os seus gustos e afeccións sen a rixidez do mundo adulto.

A longo deste curso, en diferentes unidades didáctica viñemos traballando todos estes aspctos a través dos xogos. O pasado venres tivemos unha xornada práctica adicada aos xogos populares en Gondomar. A actividade non pudo desenvolverse como estaba prevista a causa das inclemencias metereolóxicas.

Galería fotográfica

 

Visita 1º, 2º e 3º ao Xacemento do Castro

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá moi interesante visitando o Xacemento arqueolóxico municipal do Castro de Vigo e desfrutando do entorno.

(Fai click nas imaxes para ver a máis fotos)

Descubrindo a Universidade de Vigo. Xornada práctica. Alumnado de 6º

Na xornada do venres, día 19 de maio, o alumnado de 6º desenvolveu a fase práctica do proxecto Descubrindo o norte. Foi unha xornada apaixonante dende a chegada ao campus ata o remate. Ciencia e natureza protagonizaron a xornada matinal. Comezamos no departamento de Física Aplicada da Escola de Enxeñeiros, onde o Catedrático Pío González espertou a atención das nenas e nenos cunha enchea de experiencias científicas. A continuación Raquel Alonso e Andrés Vargas, da Oficina de Medio Ambiente, deleitaron  ao alumnado explicándolle a biodiversidade que hai na contorna do Campus. A visita ao centro de Investigación en nanmateriais e Biomediciña non foi menos espectacular; a Dra. Isabel Pastoriza, Sesé Cordero, Lara González e Carla Estévez explicáronnos co moi bo oficio todo o que fan nos seus laboratorios, ao cal nenos e nenas responderon con non poucas preguntas. Xa no CINTECX, a catedrática Julia Serra xunto con estudante de Mestrado en Enxeñería e Biomediciña, presentaron o traballo do equipo ao que ela pertence, e destacou a investigación e patentes de novos biomateriais.

Cunha xornada matinal tan intensa precisábamos repoñer enerxías. Despois do almorzo e un pequeno tempo de lecer, en colaboración coa Área de Benestar, Saúde e Deporte, alumnos e alumnas xunto coas súas familias, puxeron en práctica os seus coñecementos como orientadores para desenvolver unha carreira de orientación coa que culminaría unha xornada "maratoniana" que rematou cun pequeno e máis que merecido descanso no merendeiro do parque de Beade.

O equipo docente do CEP Plurilingüe Igrexa Valadares agradece a marabillosa acollida que tivemos no campus e  oportnidade brindada ao noso alumnado.

Galería fotográfica

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023-24

CIRCULAR INFORMATIVA 

PREME PARA ACCEDER Á CONVOCATORIA

 

 

 

CONVOCATORIA BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2023/24

Xa saíu á convocatoria para as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023-2024. A continuación preséntanse a información relevante. Pinchando na fotografía tedes a información.

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas co EEI Monte do Alba e coas actuacións de membros do Centro Cultural de Valadares e coa actuación da profe Raquel, o profe Thomás a nai de Xoán e Uxía de sexto.
Tamén foi a entrega dos premios do Concurso de Caricaturas de Francisco Fernández del Riego.
Os gañadores foron Neizan de 1º, Irene de 4ºA e Erea de 6º. Grazas pola vosa participación :)
 
Distribuir contido


by Dr. Radut