Skip to Content

OS NOSOS REIS

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal con varias actuacións e coa entregra de premios do "Concurso do Outono  Literario" na que foron gañadores : Ariadna de 2º de Primaria, Antía de 4º de Primaria e Aroa de 6º de Primaria. Tamén entregamos o premio a mellor postal navideña na que os gañadores foron: Iker de 2º de Primaria, Manuel de 4º de Primaria e Irene de 5ºA. Parabéns a todos e todas e grazas por participar!

Descubrindo o acrosport

O acrosport é unha modalidade deportiva na que podemos atopar todas as calidades físicas básicas, pero acrobacias e coreografías son os aspectos que identifican este deporte.
A todo iso podemos unir unha gran dose de creatividade, cooperación, responsabilidade, resolución de problemas, toma de decisións así como toda unha ampla lista de valores individuais e colectivos comúns a todos os deportes.
O acrosport é unha actividade motivadora para o alumnado que, ademais, favorece o desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas; é unha activiadad integradora na que todo o alumnado é imprescindible, ninguén queda excluído, todos son necesarios na procura do obxectivo desexado.
Nesta segunda parte da unidade "Comicos e saltimbanquis", incluída no proxecto "Descubrindo o norte", integramos o movemento e a música xunto coas acrobacias para facer máis visible os obxectivos marcados no bloque de contidos referido á "experisión e comunicación corporal", ao que daremos continuidade despois do descanso do Nadal coa última parte da mecionada unidade didáctica coa posta en escena das actividades circenses.

Galería fotográfica
O Rey León Piratas Alicia Returns

Descubrindo o Hip Hop. Xuntanza de clausura no IFEVI

As posibilidades comunicativas, creativas e de socialización que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, forma parte da expresión e comuicación corporal e preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúen ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes.

Neste caso, o "Hip Hop" aglutina, ademais, todo un movemento cultural iniciado no Bronx. As reivindicacións sociais, o arte urbano tanto nos grafitis como na danza son as súas señas de identidade.

Galería fotográfica

Concurso postais de nadal 2023

 

DIA DA DISCAPACIDADE

A semana pasada estivemos traballando o día da discapacidade a través do Alfabeto Braille, aquí deixamos un vídeo do resumo destas actividades tan chulas.

 

Descubrindo a Ciencia coa Dra. Dª Mercedes Peleteiro Olmedo.

Dª Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioquímica pola Universidade de Vigo e investigadora no CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina)desta Universidade, dentro do ciclo de conferencias científicas do proxecto Descubrindo o Norte e achegar ao noso alumnado ao mundo da ciencia e a investigación no campo das vacinas. A Doutora captou a atención do alumnado desvelando os misterios do sistema inmunitario cunha exposición moi cercana e adaptada á idade dos presentes á vez que reivindicou a importancia do papel desenvolvido polas mulleres científicas ao longo da historia. Ademais explicou de xeito moi sinxelo os avances da ciencia en función da evolución e adapatación e mutacións dos virus. A conferencia foi moi dinámica e intensa e finalizou cun interesante “debate” entre o alumnado e a Dra. Peleteiro, quen sinalou que estivo encantada de compartir esta experiencia cun alumnado tan acolledor, agarimoso e ávido por saber.

Galería fotográfica Carta de agradecemento

 

25N

Celebramos este día co visionado dun videoconto e posterior posta en común sobre a violencia machista. Despois cada neno e nena tivo que pensar e escribir palabras amables relacionadas co "AMOR" e a percepción positiva das persoas que nos rodean no noso día a día.

25N

SAÍDA MUSEO LISTE E QUIÑONES DE LEÓN 2º,3º E 4º

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero traballando o libro "Arturo e Clementina" e "Los hombres no pegan a las mujeres" porque...
"Non queremos ser valentes, queremos ser libres"
 
Distribuir contido


by Dr. Radut