Skip to Content

Xuntanzas exalumnos

Xuntanza curso 85_86

BÚSCANSE, alguén os viu?

Corría o curso 1985/86 cando coincidiron todos xuntos por derradeira vez. Agora son na sua maioría pais e nais de familia con fillos que voltan ás mesmas aulas onde eles estudaron. Nas facianas dos seus fillos reflíctense as de aqueles cativos de onte. A cotío escóitase o de    -“é igualiña ca ti”      ou o de  -“non o podes negar este é fillo teu “ . Moitos ata perderon o seu nome para ser a nai de…ou o pai de….
Algúns dos que agora se atopan cada xornada no ir e vir da escola decidiron que xa é hora de recuperar quen son e voltar a reunirse todos, e o 25 cabodano do remate da E.X.B é unha boa escusa. Daquela tódolos que vos recoñezades nesta foto correde o conto.Se sabes dalguén que xa non vive na parroquia faillo saber.

Escomenzaremos a pornos en contacto o domingo 29/8 no adro e irémolo argallando con tempo para poder localizarnos todos.

¡¡¡¡Imola liar!!!
amparotero@telefonica.net
cabaleiroestevez@hotmail.com

Votade unha ollada no facebook:

curso85.86Igrexa-Valadares
 

Preme nas imaxes para máis información.

 

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut