Skip to Content

Deportes

Visita Celta

(Preme na imaxe para acceder a mais fotos da visita)

O pasado 12 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º recibiu a visita de varias integrantes do equipo de baloncesto do R.C. Celta de Vigo. Moitas grazas! Pasámolo xenial!!

 

CARREIRA CROSS EN ZAMÁNS

Hoxe o alumnado de 6º asistiu a Carreira Cross en Zamáns na que participaba xunto con outros centros da contorna dentro do Plan Xogade.

Parabéns Sofia!!, gañadora da carreira femenina!!

Atletismo 5º

O día 21 de abril, os alumnos/as de 5º nivel, participamos, dentro da campaña que promove a Secretaría Xeral para o deporte, asistindo a unha competición de atletismo entre varios colexios de Vigo.

O día estaba frío e chuvioso no CUVI, pero aínda así saltamos, corrimos, lanzamos, animamos..., con todas as forzas e ilusións que tiñamos.

Finalmente, non foi posible a clasificación para a Final Provincial en Pontevedra, pero disfrutamos dos beneficios para a saúde dun deportivo e atlético día.

Estes son os postos que acadamos:

Xornadas de achegamento á loita libre olímpica

O día 7 de abril, os alumnos/as de 4º, saímos ao Pavillón de Valadares para disfrutar dunha xornada de achegamento á loita libre olímpica.

Esta actividade, que ademais compartimos cos compañeiros de Sobreira, foi organizada pola Secretaría Xeral de Deporte, poñendo á nosa disposición dous monitores da Federación Galega de loita, e que dirixiron estupendamente a sesión. Non só explicaron varios aspectos relacionados coa práctica deste deporte, senón que tamén puidemos disfrutar coa realización de varios xogos predeportivos e axeitados para a aprendizaxe da loita:

  • Atrapar a cola
  • Acadar o centro da lona
  • Loita de xeonllos
  • Apoderarse do balón
  • Sogatira
  • etc.

En definitiva, unha novedosa actividade que complementa a nosa formación en Educación Física dun xeito útil e lúdico.

 

Cross Zamáns

Os alumnos e alumnas de terceiro participaron no Cross de Zamáns. 

PROGRAMA DE VISITAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut