Skip to Content

Saidas

Visita 1º, 2º e 3º ao xacemento de Toralla

(fai click nas imaxes para ver a galeria de imaxes da visita)

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá do mais instructiva e divertida na Vila romana de Toralla, a única vila romana de Galicia que esta íntegramente excavada.

 

 

Visita 1º, 2º e 3º ao Xacemento do Castro

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá moi interesante visitando o Xacemento arqueolóxico municipal do Castro de Vigo e desfrutando do entorno.

(Fai click nas imaxes para ver a máis fotos)

Visita de 1º e 2º ao mercado de Travesas

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos o mercado das Travesas. Os donos dos diferentes postos de venda foron do máis agradable e explicáronnos detalles dos seus produtos frescos e da súa actividade diaria no mercado.

Podedes atopar mais fotos da visita premendo aquí

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 18´Á ILLA DE SAN SIMÓN

O día 18 de xuño fomos de excursión de fin de curso todo o cole á Illa de San Simón, pasámolo en grande!!(Preme na foto para ver mais imaxes da excursión)

Excursión fin de etapa de 6º a Parada de Sil

O alumnado de 6º viaxou entre os dias 12 e 14 de xuño ao Albergue "A FÁBRICA DA LUZ" en Parada de Sil  na súa excursión de Fin de Etapa Primaria. Os nenos e nenas pasárono en grande xa que desfrutaron e aprenderon mais sobre astronomía, natureza e a fauna galega, realizaron múltiples actividades manuais (personalización de carpetas, estampación de camisetas, creación de comedeiros para aves...) e participaron en multitude de xogos e actividades moi divertidas.

Grazas a Livia e Pili, as monitoras da Asociación Alados Medioambiente, e ao persoal do albergue por facerlles pasar uns dias inolvidables!

Visita 5º e 6º ao Marco á exposición "Julio Verne. Los límites de la imaginación"

O martes, 5 de xuño, o alumnado de 5º e 6º fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo para asistir á exposición de Julio Verne. A mostra pretende retratar  as  fronteiras, ás veces invisibles, entre ficción e realidade, que neste caso se dilúen e converxen. A partir dunha trintena das obras máis representativas  do autor e dos distintos ámbitos en que transcorren as súas novelas —a terra, o aire, o xeo, a auga, o espazo e o tempo— penetraremos no imaxinario de Verne da man dos seus contemporáneos. Nun percorrido polas súas obras e o seu legado, a mostra  disecciona o universo literario verniano e traslada á realidade as fazañas e aventuras das súas novelas a través de vinte e sete personaxes históricos, que se atreveron a levalas a cabo e que foron pioneiros nas súas disciplinas para mediados do século XIX e comezos do XX.

XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

Onte o alumnado de 3º e 4º fomos ao auditorio do Concello de Vigo para asistir as representacións teatrais que se desenvolveron nas IX Xornadas de Teatro Escolar 2018 (que organiza a través da Escola Municipal de Teatro co obxectivo de introducir e desenvolver o teatro). Encantáronnos as representancións e pasamolo xenial!

Desfile Maios

 

 

(Preme na foto para acceder a mais imaxes do desfile)

O pasado 4 de maio, festexamos conxuntamente cos nosos amigos e amigas da EEI Monte do Alba unha das festas populares máis tradicionais de Galicia "Os Maios". Elaboramos "O Maio", recitamos poemas e desprazámonos ata o Centro Cultural vestidos con colorido e flores para deixar atrás o frío e chuvioso inverno e cantarlle ao "maio" para celebrar a chegada da primavera. Como remate, degustamos unha saborosa merenda.

 

O sabor da aventura está no mar (1º e 2º)

O día 18 de abril o alumnado de 1º e 2º  desfrutaron da actividade: "O sabor da aventura está no mar" (que forma parte do Plan Proxecta: ALIMÉNTATE BEN e ten o obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade)

 (Preme na imaxe para ver mais fotos)

 

 

Migrasons

O pasado venres os alumnos de 5º e 6º fomos ao concello a ver o espectáculo Migrasons. Alí explicáronnos a evolución da música e instrumentos galegos. Tamén asistimos a un discurso que nos ofreceu o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Foi moi interesante e pasámolo moi ben!!

Distribuir contido


by Dr. Radut