Skip to Content

Visita 5º e 6º ao Marco á exposición "Julio Verne. Los límites de la imaginación"

O martes, 5 de xuño, o alumnado de 5º e 6º fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo para asistir á exposición de Julio Verne. A mostra pretende retratar  as  fronteiras, ás veces invisibles, entre ficción e realidade, que neste caso se dilúen e converxen. A partir dunha trintena das obras máis representativas  do autor e dos distintos ámbitos en que transcorren as súas novelas —a terra, o aire, o xeo, a auga, o espazo e o tempo— penetraremos no imaxinario de Verne da man dos seus contemporáneos. Nun percorrido polas súas obras e o seu legado, a mostra  disecciona o universo literario verniano e traslada á realidade as fazañas e aventuras das súas novelas a través de vinte e sete personaxes históricos, que se atreveron a levalas a cabo e que foron pioneiros nas súas disciplinas para mediados do século XIX e comezos do XX.



page | by Dr. Radut