Skip to Content

BIBLIOTECA STEAM

POSTO NADAL. AWITA DE COCO.

A Cooperativa Escolar Awita de Coco abre o seu "Posto de Nadal", con artigos navideños e rifas para unha magnífica cesta.

 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

MBOT

Trasteando cos nosos Mbot!! Unha primeira aproximación para os máis pequenos ao mundo da robótica e da programación con scratch.

PACMAN-SCRATCH

Con Scratch 2.0 reinventamos o el videoxogo de Pac-Man. Este videoxogo consiste en mover ao personaxe principal Pac-Man para coller a comida esquivando ás pantasmas. 

É incrible descubrir os videoxogos que empregaban os nosos pais e avós nos anos 80!

Aquí temos unha mostra.

PIXELS ANIMADOS! 2

Hora de ver cada debuxo animado e mostrarllo ao resto da clase!

PIXELS ANIMADOS! 1

Nesta actividade o alumnado, na parte teórica,  aprendeu conceptos básicos sobre as animacións e imáxenes dixitais e logo na parte práctica, crearon personaxes, os animaron e os compartiron co resto da clase.

Foi unha actividade moi creativa e motivadora!

APRENDEMOS, FACENDO: “sewing machine”

Estes últimos días de curso estivemos repasando o vocabulario das partes da casa en Lingua Inglesa no 3º curso. Tamén os nomes dos electrodomésticos e entre eles unha máquina de coser “sewing machine”. Aproveitamos a ocasión xa que temos unha sewing machine na escola e animámonos a facer salvamanteis “individual table cloth” comparándoa cunha folla de papel que a doblamos polos laterais e a pegamos con pegamento.

O obxectivo principal é desenvolver a creatividade de xeito comparativo entre o papel (tea)e o pegamento(máquina de coser e as súas puntadas) para facer o que nos propuñamos. Desta maneira estamos a practicar a psicomotricidade fina facendo regular a velocidade do pedalco ritmo da puntada, saber poñer o prensateas e guiala coas mans sen medo de que  pinches coa agulla.

A verdade é  que os voluntarios e voluntarias o fixeron excelentemente ben para ser a súa primeira vez.

Congratulations!!!!

Mundos virtuais

Alumnado de cuarto aprendendo a crear mundos virtuais.

 

 

 

 

 

 

 

 

PIRÁMIDE HOLOGRÁFICA EN 4º

 

Unha actividade con moito éxito!! As actividades propostas coa pirámide holográfica resultaron moi motivantes para o alumnado de 4º. Están desexando repetir a experiencia.

 

 

 

TRABALLANDO CO m-BOT de Mblock

 

O alumnado de 6º concentrado no seu traballo de programación do mBot de Makeblock. 

Distribuir contido


by Dr. Radut