Skip to Content

TIC

INDICE

ÍNDICE

 

Videos

Apps

Descargas

Titorial Aula Virtual

Vídeo explicativo do acceso á aula virtual.

 

 

Plan dixital do centro

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento dav competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes. Para tal fin a dirección, en desenvolvemento da súa autonomía e en función das características e tipoloxía do centro, establecerá un equipo de dinamizaciónv do Plan Dixital e nomeará aos seus membros.

Para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usará a ferramenta  de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

  

 

Aula Virtual

Fotografía en curso

O alumnado de quinto e sexto curso está a participar nun proxecto de fotografía a nivel nacional.

 Fotografía en curso 

Descargas

Descargas útiles e/ou que utilizamos na clase:

 Libreoffice      LibreOffice é a  suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto para Windows, Macintosh e Linux, que  lle dá 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súa s necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, Calc, Impress, Draw, Base e Math. A asistencia  e documentación é de balde grazas á nosa gran comunidade, usuarios dedicados, colaboradores e desenvolvedores. Vostede tamén  pode participar! (pica na imaxe).

#NoSeasEstrella

Algunos niños sueñan con convertise en estrellas. Pero, ¿y si ya lo fueran y no lo supieran? Descubre por qué #NoSeasEstrella

 

 

Apps interesantes

Aquí iremos colocando apps interesantes para o alumnado. Picando nela poderás acceder á Play Store para instalala.

 

  • Cover artDicionario RAG : Aplicación desenvolvida pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega sobre a base do dicionario desta última.

    Esta aplicación, gratuíta, totalmente operativa e libre de publicidade, contén máis de 55.000 termos coas súas definicións, sinónimos, antónimos, exemplos e pronuncia da maioría das entradas. É unha ferramenta pensada para o día a día das persoas que falan e escriben en galego e pode ser de grande axuda no mundo educativo.

    O Dicionario funciona sen necesidade de estar conectados. A pronuncia dos termos, o conxugador verbal, a Palabra do Día e os Xogos, requiren ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

  • Cover artTradutor Gaio:Aplicación móbil que permite a tradución automática de textos entre galego, castelán, portugués, inglés e catalán.A app ofrece a información de que palabras non se atopan nos seus dicionarios e permite ao usuario facer suxestións para engadir novos termos.

 

  • Cover artConxuGalego: Non volvas quedar mal coa túa xente ó tentar falar galego!

    Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares..

  • Cover artSpanish to English: Tradutor castelán-inglés e viceversa. Con refráns, frases feitas, ....

 

  • Cover artDiccionario ingles WordRef: Aplicación 100% de balde.

    Aplicación do dicionario en liña de traducción máis popular e completo do mundo. Accede rápidamente aos nosos extensos dicionarios e foros de discusión.

  • Cover artDiccionaro RAE: DLE é a aplicación oficial que a Real Academia Española (RAE) e a Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE) poñen á súa disposición para consultar a 23.ª edición do«Diccionario de la lengua española».

 

  • Cover art Tangram: Hay unha lenda que di que un sirvente dun emperador chinés levaba un mosaico de cerámica, moi caro e fráxil, e tropezou e escachouno en anacos. Desesperado, o sirvente tratou de formar de novo o mosaico en forma cadrada pero non puido. Nembargantes, deuse conta de que podía formar moitas outras figuras cos anacos. Napoleón Bonaparte convertiuse nun verdadeiro especialista en Tangram dende o seu exilio na illa de Santa Elena.

 

  • Cover artTantrix Quiz:Tantrix Qoiz é un puzzle simple pero adictivo que poden desafiar as súas habilidades de dedución. O obxectivo é poñer todas as tellas na reixa tan rápido como pode, ademais de minimizar os seus erros. Cada nivel ten algunhas pistas: algúns son azulexos, algúns son bosquexos e algúns son só un único camiño. Podes segui-los todos para atopar a solución?
Distribuir contido


by Dr. Radut