Skip to Content

Función de nutrición

A función de nutrición do ser humano proporciona ao noso corpo enerxía e osíxeno ás nosas células. Na función interveñen 4 aparatos dos que son expertos os nenos e nenas de segundo xa que prepararon maquetas de eles coas súas familias para entender mellor o seu funcionamento e partes.

APARATO DIXESTIVO APARATO RESPIRATORIO

APARATO CIRCULATORIO

APARATO EXCRETOR

 Se premedes enriba dos aparatos podedes atopar fotos das maquetas mentres as presentaban os seus creadores/as.

 

Obradoiro sensorial

Partindo da consideración de que un correcto desenvolvemento sensorial é  crucial para as aprendizaxes do alumnado; en segundo decidimos levar a cabo un obradoiro sensorial ao gaio de estar a estudiar a función de relación, unha das 3 función vitais do ser humano, en ciencias naturais.

Experimentamos co sentido do gusto. Tomamos catro alimentos distintos e intentamos adiviñar que sabor é o que percibimos a través da nosa lingua.

Experimentamos co sentido do olfacto realizando o noso ambientador ecolóxico feito con ingredientes naturais.

 

 Puxemos a proba o noso sentido da vista a través da interpretación de ilusións ópticas como a de Muller ou Rubin.

A profe María explicounos as partes principais que compoñen os órganos receptores do oído. Tamén fixemos actividades nas que valoramos a cercanía dos compañeiros pola intensidade, o tempo, a altura e o timbre do son. Tamén fixemos unha procura de compañeiros polo cole perseguindo o son dunha carraca. Pasámolo bomba!

E xogamos cunha ruleta de identificación de texturas para testear o noso tacto.

Todo esto non houbera sido posible sen a colaboración do profe Tomás, que nos axudou a realizar os obradoiros :)

INTERCAMBIO CULTURAL

DENDE UN COLEXIO DE ILLINOIS EN ESTADOS UNIDOS, QUEREN SABER DE NOS!!, AQUÍ VOS DEIXAMOS O SEU VÍDEO  E A NOSA RESPOSTA!

Estaremos atentos e atentas  ao seu centro e aos seus costumes! 

E POR SUPOSTO, A NOSA RESPOSTA !

Qué é antes o ovo ou a Galiña?

Bos días familias e alumnado,

As nenas e niños de Segundo levamos tres semanas cunha incubadora na clase, con ovos que trouxemos das nosas galiñas. Esta semana, ao fin, comenzaron a nacer os nosos pitiños e queriamos presentárvolos, son unha chea deles. Aprendimos Moitas cousas destes animáis tan suaviños. Agardamos que non vos piomolesten co seu piar nos corredores.

Ovosaudos

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

Aquí presentamos os traballos de 2º para conmemorar o día das letras galegas.

Xela, vai por tí!

ABRIL, MES DOS LIBROS

SEGUIMOS CON MÁIS ACTIVIDADES DO "DÍA DO LIBRO".

AGORA CO MONSTRUO DE COLORES.

 

VÍDEO RESUMO DA ACTIVIDADE DO 23 DE ABRIL,

DÍA DO LIBRO

Grazas por participar,

foi moi divertido coñecer as vosas lecturas e os vosos disfraces!

Anímate e participa nas actividades previstas para este mes. 

 

 

 

 

VENRES 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 

Para festexalo, trae o teu libro favorito ao cole

e vén disfrazado dalgún dos seus personaxes.

Esperámoste !

DÍA DA POESÍA

HOXE CONMEMORAMOS O DÍA DA POESÍA,
AQUÍ TEDES OS NOSOS POEMAS SOBRE OS ANIMAIS!
 
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN !!

FELICES VACACIÓNS!!!

Están máis que merecidas con todo o que traballáchedes este curso. 

 

Para non esquecer todo o que aprendíchedes, indícovos algunhas actividades de repaso para comezar terceiro "a toda máquina". Tedes dispoñible Snappet durante o verán, así que deixo enviado traballo para ir facéndoo pouco a pouco. 

 

MATEMÁTICAS

 

(Números ata 999)

 

Exercicios similares aos da libreta:

-Sumas e restas con levadas. 

-Series ascendentes e descendentes (suma 4,resta 5…). 

-Ordenar números de > e de <. 

-Descomposición de números (C, D, U). 

-Problemas sinxelos de sumas, restas e multiplicacións. 

-Aprender ben as táboas de multiplicar… 

 

LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ

 

-LER todos os días. 

-Ordenar alfabeticamente unha listaxe de palabras. 

-Pequenos ditados e copias (SEN FALTAS). 

-Construción de frases a partir de dúas palabras dadas. 

-Facer unha "ficha" sobre cada conto que ides lendo:título, personaxes, resumo, o que máis me gustou… 

Lembrade sempre poñer nome,apelidos e data

 

O que prefira, pode mercar un caderno de vacacións (da editorial Anaya coa que traballamos ou doutra que vós elixades).

 

Vémonos en Setembro!!!

 

Felices vacacións

SEMANA 15 A 19 XUÑO

Rematamos a planificación do curso!!! 

Moitas grazas a todas e a todos, sen o voso esforzo e a enorme colaboración das vosas familias isto non podería ser posible. 

Xa estaredes cansos de tanto traballar, así que esta derradeira semana adicámola a facer os repasos  trimestrais dos libros e Snappet. 

Propóñovos, aos que queirades, facer (e enviar) un traballiño sobre este trimestre "un pouco raro". 

Podedes facelo ilustrado con debuxos sobre o que botáchedes de menos, as cousas boas que puidéchedes aproveitar, o que sentíchedes… Poñede a imaxinación a traballar!!! 

Grazas de novo. 

(O venres enviarei recomendacións para o verán. ) 

 

SEMANA 8 A 12 XUÑO

De novo, as páxinas subliñadas son as que tedes que enviar ao correo. Moitas grazas.

 

TEMA 12

 

 LUNS 8

PIEZAS: páxs. 168-169-170

LINGUA:  páxs. 194-195-196 (exercicio 1)

CUADERNO LENGUA: ficha 21

 

 MARTES 9

PIEZAS: páxs.  172-173-174

LINGUA: páx. 197

 

 MÉRCORES 10

PIEZAS: páxs. 175-177(exercicio 1 e 2)

LINGUA: páx. 198 e escribir o abecedario

 

 XOVES 11

PIEZAS: páxs. 178(exercicio 1)-179-180

LINGUA: páx. 199 

 

 VENRES 12

PIEZAS: páxs. 182-183

LINGUA: páxs. 200-202

 

Distribuir contido


by Dr. Radut