Skip to Content

SEMANA 15 A 19 XUÑO

Rematamos a planificación do curso!!! 

Moitas grazas a todas e a todos, sen o voso esforzo e a enorme colaboración das vosas familias isto non podería ser posible. 

Xa estaredes cansos de tanto traballar, así que esta derradeira semana adicámola a facer os repasos  trimestrais dos libros e Snappet. 

Propóñovos, aos que queirades, facer (e enviar) un traballiño sobre este trimestre "un pouco raro". 

Podedes facelo ilustrado con debuxos sobre o que botáchedes de menos, as cousas boas que puidéchedes aproveitar, o que sentíchedes… Poñede a imaxinación a traballar!!! 

Grazas de novo. 

(O venres enviarei recomendacións para o verán. ) 

 



blog | by Dr. Radut