Skip to Content

Matrícula

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

INICIO DOS TRÁMITES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

Xornada de portas abertas: mércores 31 de xaneiro ás 16:30h.

O procedemento iníciase coa RESERVA DE PRAZA para o alumnado adscrito a un centro e que cambia de etapa educativa:

  •  Alumnado que vén para primeiro da EEI Monte do Alba: Entregaráselle o formulario na súa escola para ser remitida ao CEP Plurilingüe Igrexa Valadares.
  •  O alumnado de sexto do noso centro que vai para 1º da ESO ao IES Valadares. Entregóuselle documentación que debe cumprimentar e entregar no centro o antes posible.

SOLICITUDE DE RESERVA CENTRO ADSCRITO:

Prazo aberto: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

 

No caso de solicitar praza noutro centro, deberase renunciar á praza no Igrexa Valadares antes do 1 de marzo. Para renunciar premer aquí.

 

O prazo para as solicitudes do alumnado procedente doutros centros,  será do 1 ao 20 de marzo.

 

ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO NO CURSO ACTUAL

Segundo a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, os alumnos/as matriculados neste Centro no curso actual teñen garantía de permanencia e NON terán que entregar ningunha documentación para a reserva de praza para o curso 2023-24.



DATAS

 

15 xaneiro

5

febreiro

Presentación da solicitude de reserva. ANEXO I MODELO ED550A

  • Presentación no centro de orixe ou a través da aplicación "admisiónalumnado"    (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • O formulario normalizado será facilitado polo centro, dispoñible tamén  na web da Consellería ou do Centro, así como, na  sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”.

 

Antes do

1 de marzo

Publicación vacantes.

 

1 marzo-20 marzo

 

Solicitude de admisión de alumnado procedente de centros non adscritos. ANEXO II   MODELO ED550B

 

Antes do 25 de abril

Publicacións das listaxes provisionais.

Reclamacións. Resolución das reclamacións.

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

20 a 30 de xuño

Formalización MATRÍCULA  Primaria. ANEXO III-1.

Prazo límite de presentación da documentación non aportada.

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Tramitación online da reseva de praza:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
O alumnado que ten garantía de permanencía nun centro, se presenta solicitude noutro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
ALUMNADO QUE SE MATRICULA NOUTRO CENTRO: O alumnado que ten reservada praza no centro ao que está adscrito, deberá comunicar por escrito que renuncia á reserva antes de presentar solicitude de admisión noutro centro.

 

VACANTES 2022-23

 PREME NA IMAXE

XORNADA PORTAS ABERTAS. VÍDEO PRESENTACIÓN

Deixámosvos un vídeo resumo que reflicte moitas das actividades que facemos no día a día. Disfrutádeo!!

 
 
XORNADA DE PORTAS ABERTAS: 
 
MARTES 8 DE MARZO DE 17:00 h A 18:00 PREVIA CITA
 

ADMISIÓN CURSO 2020-21

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS

 

O ALUMNADO DA EEI MONTE DO ALBA NON PRECISA ACUDIR AO CENTRO

PORQUE XA REALIZOU ESTE PROCEDEMENTO

 

 

PROCEDEMENTO (Hai tres formas)

1º Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro acompañada da documentación necesaria.

 2º Cubrir a solicitude telematicamente na aplicación (AdmisionAlumnado) e presentala asinada manualmente no centro acompañada da documentación necesaria.

3º Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Presentar no centro a documentación complementaria.

 

 NORMAS A SEGUIR:

1. ACUDIR AO CENTRO CON CITA PREVIA (TF: 886 11 11 35)

2. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 10:OO A 12:00 h.

3. ACUDIR AO CENTRO SÓ UNHA PERSOA POR SOLICITUDE.

4. ADOPTAR AS MEDIDAS HIXIENICOSANITARIAS PROPIAS DO ESTADO DE CONFINAMENTO: luvas, mascarillas,  distancia

interpersoal de dous metros, etc.

5. NON ACUDIR AO CENTRO EN CASO DE TER SÍNTOMAS OU TIDO CONTACTO CON AFECTADOS.

6. TRAER  FOTOCOPIAS DE TODA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA.    (Descargable no recadro inferior)                                                                          

7. TRAER IMPRESO DE SOLICITUDE (Descargable no recadro inferior) 

 

DESCARGAR SOLICITUDE

ANEXO II_MODELO ED550B

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NO CENTRO

TRAMITACIÓN ONLINE DA RESERVA DE PRAZA

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN

 

* Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

 

 Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión.

 Orde de 25 de xaneiro de 2017, que modifica á Orde do 12 de marzo de 2013.

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

O día 1 de febreiro ábrese o prazo para reserva de praza do alumnado adscrito a este Centro: alumnos de 6º de Infantil do EEI Monte do Alba. Remata o 14 de febreiro. ANEXO I

Para as solicitudes do alumnado procedente doutros centros, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. ANEXO II .

 

 


DATAS

 

1 febreiro

14 febreiro

Reserva no centro de adscrición correspondente. ANEXO I

MODELO ED550A

 

1 de marzo

Publicación vacantes e información

1 marzo-20 marzo

Solicitude de admisión de centros non adscritos. ANEXO II

MODELO ED550B

 

21 - 30 de abril

Publicacións das listaxes provisionais.

Reclamacións. Resolución das reclamacións.

Antes do 12 de maio

Publicación listaxes definitivas

20 a 30 de xuño

Formalización MATRÍCULA  Primaria. ANEXO III-1.

Prazo límite de presentación da documentación non aportada

 Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión.

Orde do 25 de xaneiro de 2017, que modifica á Orde do 12 de marzo de 2013. 

Tramitación online da reseva de praza:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
O alumnado que ten garantía de permanencía nun centro, se presenta solicitude noutro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza no centro ao que está adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicar que renuncia á reserva antes do día 1 de marzo.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2019

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (Preme no cartel para máis información)

27 DE FEBREIRO

ÁS 16:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut