Charlas

Vacacións de Nadal

ETNIOMUSICOLOXÍA

 
O pasado xoves, 7 de marzo visitounos Emilio Puime, o fundador da ONG Destino Uganda, que nace co obxectivo de favorecer a integración social, por medio da música, dos nenos en risco de exclusión.

Baixo a súa batuta, viaxamos a este país achegándonos a súa cultura musical, a través dun concepto novo para nós, a ETNOMUSICOLOXÍA, campo no que está especializado o relator invitado.

Foi unha fermosísima experiencia!

 

 

                                                                                                                    ETNIOMUSICOLOXÍA

MAXIA VS CIENCIA

O pasado 10 de maio veu visitar ao alumnado de 3º e 4º o Mago Paco. 

Descubrimos algúns dos por qués dalguhas partes da ciencia como: as cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e 3D; sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vimos, tocamos ou fixemos ten unha explicación científica.

Charla "O monte vivo" 5º e 6º

O pasado día 4 de maio viñeron ao centro dous axentes forestais do Distrito XVIII para ofrecer ao alumnado de 5º e 6º unha charla que tiña como fin informar e impulsar unha participación activa e responsable na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e tamén dar a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do monte.

Agora coñecemos e respectamos ainda mais a natureza, mil grazas!!

Camiña con nós pola igualdade (2º)

O 17 de abril o alumnado de 2º recibimos unha visita moi especial, veu Elsa,  unha traballadora do Concello de Vigo a darnos unha charla sobre igualdade.
Aprendemos, a través de varias actividades lúdicas e dun pequeno conto, que aínda que todas as persoas teñamos un aspecto físico diferente, debemos gozar dos mesmos dereitos.

Powered by Drupal - Design by artinet