BÚSCANSE, alguén os viu? Corría o curso 1985/86 cando coincidiron todos xuntos por derradeira vez. Agora son na sua maioría pais e nais de familia con fillos que voltan ás mesmas aulas onde eles estudaron. Nas facianas dos seus fillos reflíctense as de aqueles cativos de onte. A cotío escóitase o de -“é igualiña ca ti” ou o de -“non o podes negar este é fillo teu “ . Moitos ata perderon o seu nome para ser a nai de…ou o pai de…. |
|
Escomenzaremos a pornos en contacto o domingo 29/8 no adro e irémolo argallando con tempo para poder localizarnos todos. ¡¡¡¡Imola liar!!! Votade unha ollada no facebook: curso85.86Igrexa-Valadares |
Preme nas imaxes para máis información.