Xa están publicadas as listas de libros e material escolar para o vindeiro curso 2022-23.
OS VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL SERÁN ENTREGADOS A PARTIR DO DÍA 1 DE SETEMBRO.
Un saúdo e feliz verán.
Todas aquelas persoas que solicitaran comedor para o curso 2022-23 deben entregar o impreso de AUTODECLARACIÓN publicado pola Consellería de Educación.
IMPRESO PARA DESCARGAR: AUTODECLARACIÓN
(Tamén se poden solicitar no colexio de 10:00h a 13:00 h. ata o 8 de xullo)
ENTREGA: O antes posible (de non entregalo en xullo, o prazo remata o 7 de setembro)
LUGAR: No buzón situado ao carón do portal do patio superior do colexio.
IMPORTANTE: Marcar o recadro correspondente e asinar
No seguinte vídeo recóllese gran parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso no proxecto Descubrindo o norte.
Gran traballo desenvolvido tanto polo alumnado como por o equipo docente involucrado.
A participación das familias na fase práctica final puxo a guinda a esta experiencia. Un pracer traballar e compartir ao voso lado.
Moitas grazas a todos.
O pasado, xoves 16 de xuño, tivemos a sorte de ver ao noso alumnado de 4º,5º,e 6º disfrutando do traballo ben feito. Levaban tempo, dous cursos practicando, ensaiando nos recreos, sempre, da man da mestra de inglés Araceli.
O alumnado de 4º incorporouse fai un mes ao proxecto e fixeronno increíble. Foron dúas sesións. A de mañá para todo o noso centro e @s compañeir@s de infantil. Pola tarde para as familias.
Esperamos que vos guste. Nós, alucinamossss!!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |